Blogia
DoRViSou

CANCELAS_2

<center>CANCELAS_2</center> Sempre me gostaba ir correndo, entrar pola porta da eira e sair pola porta do curral,
mentras minha avoa conxugaba o verbo xostregar...
As veces penso ( só as veces) que minha avoa non me educou melhor porque eu sempre corría máis que ela.

2 comentarios

Dorvisou -

A fugacidade do tempo é moi relativa.
Neses momentos de maior sofremento o tic-tac do vello reloxio de parede pode ata convertirse nun trebello de tortura.

Martin Pawley -

Os nenos pasan a vida correndo dun sitio para outro e o tempo non lhes dá pasado. Aos adultos as horas vánsenos das mans por moito que nos detenhamos a para mirar como pasan.