Blogia
DoRViSou

CHÁMOME modesto RODRIGUES
e pensar cría en min un sentimento de culpabilidade

<center>CHÁMOME modesto RODRIGUES  <H6> e pensar cría en min un sentimento de culpabilidade</H6></center>
O meu estado civil de "RODRIGUEZ" reduce salvaxemente o estado anímico e a eufória da noite tradúcese polo día nunha renuncia voluntaria das obrigas.
Ter que cargar a lavadora non é dificil. O dificil é ter que colgar a roupa.
Encher o borralleiro de colillas e carabuñas de cereixas tampouco conleva maiores esforzos. Levantar o cú do sofa para baldeira-lo, Sí e moito.
Meterse na ducha coa calor que fai é unha necesidade fisiolóxica. Non ter a quen pedirlle unha toalla é desolador.
Estou moi ferido, calo e aturo.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

5 comentarios

peke -

Xa, xa; xa se nota que se sente soíño. Entendino á primeira a pesar do seu particular sentido do humor.
Pois iso, que dentro de vinte días todo arranxado.
Ás veces vénnos ben a soidade, aínda que amole... :))

dorvisou -

Non quixera dorfun. Ocorre que o meu sentido do humor, non do amor, non é tan sutil como o do blogomillo femenino.
É un humor pailan, farruquiano...

Peke: Un tigre non, eu case prefiro un animaliño desos indefinidos e improbables, caracterizados polo gusto patolóxico dos aloumiños...
Só quería deixar ver o soiño que me sinto sen os meus e canto os boto de menos.
Vinte días máis e arranxado o problema.

peke -

Se queres, préstoche un tigre como animal de compañía. :)

peke -

¡Pobriño! Ánimo, home, non durará sempre. ;)

dorfun -

...con estes comentarios vas facer que o blogmillo femenino monte en cólera ;P...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres