Blogia
DoRViSou

HaJi ABDaLHaSiB

Un galego de Besexos

<center>HaJi ABDaLHaSiB <H4>Un galego de Besexos</H4> </center>
Ramón Castiñeira Pardo, de familia orixinaria de Vila de Cruces pasou a chamarse Haji Abdalhasib aos 27 anos, logo de converterse ao Islam tras unha estancia de ano e medio en Gran Bretaña. Asegura que os valores tradicionais da cultura galega non distan moito dos ideais espirituais musulmáns.

Castiñeira foi un dos fundadores, en 1980, da Comunidade Islámica en España, con sede en Granada e delegación en Galicia. Na actualidade vive nos Emiratos Árabes, onde dirixe un centro de estudios islámicos, o Jumeira Islamic Learning Centre. Ademais, é responsable dos programas en lingua inglesa sobre o Islam na TV de Dubai e na canle vía satelite IQRA.

Tamén é membro directivo do Islamic Mint, organización que acuña e distribúe o dinar de ouro e o dirham de prata, e que avoga polo retorno a un sistema monetario baseado no diñeiro de valor intrínseco.

Abdalhasib ten 46 anos, dúas mulleres e nove fillos, algúns residentes en Galicia. Con respecto á guerra de Iraq, condena a "brutal agresión" de Estados Unidos e critica "o apoio incomprensible que lle está prestando España á política imperialista dos Estados Unidos" ( Texto recollido en VIEIROS).

Tamén podedes ver en nese portal unha entrevista ou a mesma conversa inteira nun CHAT para saber algo máis de este singular personaxe
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

7 comentarios

dorvisou -

Peke, o pasado luns invitáronme a unha bodega e foi alí onde saquei esas fotos. Era unha parede toda chea de botellas e o contraste de vela por un lado e vela polo outro chamou da minha curiosidade.

dorvisou -

Pppenas, de Besexos era toda a sua familia e alí viveu a sua infancia anque coido que naceu en Pontevedra. Alguén me contou que era a máxima autoridade relixiosa nos Emiratos Árabes onde vive.
A verdade é que teño curiosidade por saber algo máis da sua vida, seguiréille o rastro.

peke -

Deste post pouco teño que dicir. Se até había un ourensán vendendo viño do ribeiro na guerra do Vietnam (aos dous bandos, ¡eh!). As dúas fotos anteriores tíñanme intrigada. Sei que fixeches as fotos; a montaxe das botellas ¿tamén é túa?

pepe penas -

Eu lin en algures algo deste galego, pero o que non sabía era que fora de Besexos.
Eu coñecín outro en Madrid que foi moi famoso....pero de pasar fame.
Unha aperta

dorvisou -

A verdade é que debe de haber xente galega moi dispar polo mundo adiante.
Fai uns anos cheguei a un lugar da illa que se chama Masca, onde até fai un tempo só baixaban os pastores coas cabras, e vexo unha casa con un cobertizo con leña apilada e outros detalles que me decían que alí vivía un galego. Chamei a porta saíu un señor e sen darlle tempo de abrí-la boca, díxenlle: ¡bos días, Sr. Manuel! ¿ a que é vostede galego?
-e contestoume ¿e logo de quen ves sendo tí?.
Ainda hoxe nos rimos da casualidade de que se chamara Manolo e cada vez que ímos aló semprem lle facemos unha visita e nos sentamos con el a tomar uns viñiños.

muralla -

Desde logo a donde non cheguemos os gallegos non chega nin o demo.
Xa dicen que na lua o primeiro astronauta atou un afilador ca sua roda...
Mui interesante a noticia e a entrevista.
Biquiños.Muralla

muralla -

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres