Blogia
DoRViSou

eu TaMéN SoN uNHa PuTa...(é un decir)

<center>eu TaMéN SoN uNHa PuTa...(é un decir)</center>
Pero la vieja puta ni siquiera sabía quién era ella,
cómo iba a saber quien era yo. (Charles Bukowski]

Teño que asumir esa parte bukoskiana que me fai cóchegas na pel. Moita culpa delo tivoa este home que me arrastrou, sendo eu un adolescente, coma un furacán por esa escura trastenda de todo ser humán.
Bukoswki, Allen Ginsberg, Charles Baudelaire... Bohemias noites do Orzán dende o patacón do amigo Vari Carames ao Kopas do Susiño de Soutelo dos montes e as irrepetibels borracheiras de vodka barata na discoteca Xornes ou cubalibre de garrafón en Rubí 28 na praia de Riazor.
Posivelmente moita poesía, sexo sen amor, porros e rock and roll para un aldeas coma min.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

6 comentarios

Muralla -

Ay meu neno eu descubrín a Bukoswki e outros os trenta y pico, e do demias na de na.Un solo novio, un solo amor e hasta hoy. Eso sí, foime ben, pero tamén podía haber sido o revés.
¡Que tempos, me cago no demo!
Sempre digo. ·36 anos durmindo co mismo, e tres de deandiño de dormir...si fora agora, a primeira noite violabao!!!
Estou como una cabra...
Un abrazo.Muralla

dorvisou -

Na minha vida hai duas persoas que deixaron unha marca imborrabel. Foron un tutor e un xefe de internado quen me levaron até ese mundo fascinante da literatura. Tamén un agradecemento o meu paisano Neira Vilas(Gres-Vila de cruces) por adicarme aqueles libriños que foron os primeiros que tiven. Lembro que con dazaseis e dazasete anos teño ido coas vacas e levar conmigo libros como Démian, Shidarta, o principiño, Juan Salvador Gaviota, o tunel de Ernesto Sábato, o vello e o pescador... moitas e boas sensacións teño vivido deitado a sombra dalgún carballo e lonxe deste mundo mentras as vacas pacían na herba das leiras dos veciños.
Despois, a vida colleu outros derroteiros e foise apagando aquel fervor tan apaixoado.
Bicos muralliña. Coidate moito, si?

dorvisou -

Amigo xisbe, Blogia é a casa de acollida dos incapacitados. Moito temos que agradecerlle a Roberto Abizanda tanta xenerosidade.
Estos días caeu o servidor e tivo que aloxar tódalas bitácoras noutro, de ahí esas novas señas.

dorvisou -

ás veces cando un remexe no baúl dos recordos encontra pasaxes da sua vida que non axudan a resolver esa ecuación antre a vida e a literatura. Foron aqueles uns anos de moita locura e festa rachada i eu, como decía Pessoa, perdíame porque mesmo era un laberinto.
Non sei decirche canto era moito, só que leía moito máis do que leo hoxe. Sexo sen amor moi pouco porque eu deseguida me enamoraba...jeje. Porros, pois si e moitos anque xa fai uns cantos anos que deixei de fumar por unha razón de hixiene mental. E con todo esto que che estou a contar está demais falar do rock and roll.
Hoxe son o fillo que quixeran ter tódalas mamaes do mundo. Tamén aclarar que nunca tiven necesidade de ir de putas e o titudo do post é un xeito de solidaridade co sofremento de tantas mulleres que se adican a prostitución por non ter outros medios, esas putas que compran a colonia por litros no supermercado da esquina, esas putas que non teñen quen lles de bicos cando teñen frio...

xisbe -

Unhas veces infoaragón, outras blogia e agora .es.vg, cómo é isto?

peke -

Como di B, ¿cando é "moito"?
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres