Blogia
DoRViSou

DeReiToS HuMáNS

<center>DeReiToS HuMáNS</center>
Hoxe leo nos xornais como un alto funcionario de Guatemala contaba que, fai vinte anos, tiraban ós subversivos dende un helicóptero ó interior do crater dos volcáns porque se non aparecian os cadáveres mellor. Así non había que preocuparse por esa moda adsurda dos dereitos humáns".

Hoxe leo nos xornais que un marine yanki declara nun xuicio como mataban civiles irakies ou como destruian probas das torturas a presos. Ou tamén como soldados israelís, nun control fronteirizo, obrigan a un violinista palestino a tocar para eles nun xeito de humillación. O mesmo que facían os nazis cos músicos xudios.

Hoxe leo que alguén pagou un millón de euros por unha miniatura do Greco ou case seis millóns de euros por outro cadro de pintura nunha famosa subasta de Londres.

Hoxe, nunha carta dun banco, chégame un boletin para facerme socio de ANESVAD e axudar a loitar contra a úlcera de Buruli. Despois de velas fotos no post de pawley, non podo negarme a facelo

Hoxe leo nos xornais que a infanta Cristina está "preñada" outra vez...
¡que pena me da! ¡pobriña muller!
"
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

dorvisou -

Si muralla, sempre tes razón. Claro que traer nenos a este mundo é maravilloso sobor de todo cando nacen con un cachiño de pan debaixo do brazo. Un pouco de envexa si dan, non si?.

Eu aparte de desta axuda de anesvad vou facer que a minha cativa apadriñe un neno porque xa llo propuxen e está encantada. A solidaridade é unha faceta que desperta moita curiosidade nos nenos. Moita pena pena me da o tempo que perdin estudiando os nomes dos rios, dos montes e a tabliña de multiplicar.
¡Que xeito máis tonto de recitar!

peke -

Se con cada preñez consegue que o xente de a pé a imite e se poña a procrear (sobre todo en Galicia, que estamos quedando sen galegos), benvidos sexan os principiños.

Eu colaboro con dúas asociacións, Intervida e Acción contra el Hambre. Con máis non podo, que a pensión son é inmensa e hai que vivir. Pero dentro das miñas posibilidades, fago o que sexa con tal de axudar un pouquichiño.
Bicos.

muralla -

Fas un bon repasiño por todo o extenso mundo.
A verdad é que da medo por ise contraste de cousas que pasan nél, pero cada un temos que contribuir como millor poidamos a milloralo, por eso tú falo dunha maneira e a princesa faino doutra...( o mellor ela pensa que a mellor maneira de facelo e traer principiños a iste mundo)
Miles de bicos e hasta sempre, queridiño. Carmiña
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres