Blogia
DoRViSou

o TiZóN Do NaDaL

<center>o TiZóN Do NaDaL</center>
O tizón do Nadal era un cepo de carballo que se botaba a arder na lareira o Día de noiteboa, e darredor do lume xuntábase a xente a contar contos e a cantar panxoliñas. Agora, xa non hai lareiras, non se contan contos nen se cantan panxoliñas. Agora, mudamo-lo verbo para pasmar como bobos fronte a caixa tonta e o único ritual que amamantamos é a ese montruo consumista que todos levamos dentro e que se pon doente nestas datas.

O TIZÓN DE NADAL«É un cañoto grande dun árbore , que nas montanas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a mitá, e o que queda gárdano para cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, para arreder o pedrazo e os raios. Nalgús lados, semella que aproveitan a borralla para botaren nos eidos, o cual sí que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén tén relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume. O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, e faise tamén en moitas partes de España. En Cataluña vén ser o que chaman tió, no que baten os nenos da casa para que lles boten dulces, que os pais meten dentro. A súa orixe recúa con seguranza deica os tempos mais vellos» ( Texto recollido por D.Ramón Otero Pedraio)

Desexo, de todo corazón, que pasedes unhas boas festas e que o ano 2005 sexa un ano de moitas luces e que ós nosos politicos non se lle dé por implantar os dez mandamentos nen aumentar os sete pecados capitales.
Paco Penas de Dorvisou.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

8 comentarios

siloam -

felices dias dorvisou!, estaré atenta a lo que me cuenten (preguntaré) en la reuniones familiares.
bicos mil
muacss.
:))))

muralla -

Non conocía esa historia e encántame. Gracias por traela aquí.
Apúntome a iso de servir de abono a un carballo...e na miña casa xa o saben...
Unha aperta, boas vacacions e muitos, muitos bicos. Muralla.

dorvisou -

peke, disfrute moito dos seus, non lle hai mellor abrigo.
Onte chamoume un dos reises magos dende Madrí para decirme que até mediados de Xaneiro non vai vir a Tenerife. E teño que esperar porque polo prezo merece a pena, podo aforrarme uns seiscentos euros anque estos días poderíaa disfrutar a tope.
muamuamuamua

dorvisou -

Siloam, coido que todos temos a obriga de manter viva a memoria da nosa tradición. Somos unha ponte antre xeneracións... ´
O meu fillo con dazoito anos cústalle crer que os seus avós non tiveran tv, nen coche,nen visa.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

dorvisou -

Pepiño, gustaríame que cando morrese, se é que morro algún día,non o sei, fixeran de min borrala, que prantasen un carballo na cima da aldea, en Dorvisou e servirlle de alimento. Ao mellor non deixa de ser un principio de intencións, pero gustaríame...

peke -

¿E non vale facelo no Aninovo? É que no Nadal non estou na miña casa, senón na dos pais.
¡Felicísimas festas, Paco Penas! (A ver se cae -nas súas mans- esa réflex dixital). :)

siloam -

que bien que lo recuerdes! se murieron ya viejos que nos contaban esas cosas, de como eran días de lareira y canciones en las noches más largas.
Felices fiestas!
bicos mil.

pepe penas -

Vou queimar un bo cañoto de carballo para facer unha pouca borralla...gardareina para cando me xubile..se teño onde poñer patacas, xa teño abono..
Boas festas e bo ano
Unha aperta.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres