|
Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2004.
 365 días por diante para seguir sendo melhores en todo. Feliz ano novo.  As cancelas pechadas á felicidade é o que tiña eu os luns, nesa primaveira bonita de viver, que como di alguén, tan depresa sal o sol como se pon a chover. Agora, no adoravel outono da minha vida, os lunes ao sol.
 Horas profundas, lentas e caladas, feitas de bicos ardentes. Bocas quentes, moi quentes. Chove. I eu máis ti a foder sen pudor, no cabo da horta, mentras as galiñas poñen ovos. Chove. O barullo da choiva é melodia para os nosos corpos mollados, entregados, empapados, abrazados... Xa non chove. Xa escampou, xa as galiñas non poñen ovos, xa non che quero...meu ben. ATA OUTRA Paco Penas de DORVISOU  E somos nos quen lle poñemos nomes a toda-las cousas. Quen dividímo-lo tempo en fraccións e a terra en fronteiras. Si, somos nos, o home moderno quen co rexistro da propiedade, fai esto teu, esto meu… FOTOFarase de noite e volveran os morcegos, os sapos, as curuxas, as píntigas e os feitizos das menciñeiras... a bailar no meío do caminho. Farase de noite i este home esqueceráse do mundopara sonhar coma un home-lobo neste remanso de paz e olvidocaron do Minho.(na casa do muinho  ... SombrasARROUTADA SIDERAL Adela da eiravella foí a colher un feixe de herba que deixara sobor dun ruleiro. Ao facer o esforzo de levantalo, escapouse-lle un peido e berrou: ¡ Ei perrecha de unto, aparta que che apunto! FOTO96 sin papeles chegaron nesta noite as costas do concello de Arona, ao caron da minha casa. 296 espaldas molhadas as costas das ilhas "afortunadas" ¿? de inmigrantes durmen cada noite nas máis grandes das escuridades. Ou mesmo, ¿cantas pateras envorcadas sen chegar a ningures?, mentras os politicos calan e pechan os olhos. FOTO
Vexo, vexo... Ti que ves? Unha cousiña... ¿ Que cousiña é ? FOTOSó o cantarexar do río acompañaba a troula dos nosos pés antre a follaxe, mentras paseaba en silenzo co meu amigo Manolo do Ferreiro, no outono, cando o camiño que remeda o río está cuberto de follas secas e xeadas. E foi el, despois dun tempo máis ou menos longo,quen alterou aquela armonía que governaba a nosa esistencia para decirme que os nosos silenzos xa superaran a barreira da comunicación para convertirse en sentimentos. FOTOAqueles xeitos de felina engatusaron-me deseguida e a quentura das súas mans incendiaron a minha curiosidade por saber se chegarian a fundirse os nosos corpos abrazados... FOTOTraguei dinamita porque quero voar a ponte da anguria que vae de hoxe ata manhan. As ideas son coma palavras sen senso, cadullos cangrosos no cerebro, que ao pensar, invaden de berros secos a chaira lamegosa na que se están a convertir os meus días. FOTOPedíche-me naturalidade na linguaxe, porque decías que o amor non precisaba das palavras. I eu que non podía estar calado, perdíame antre elas. Fun para ti coma un muinho en vao... FOTOVelaí, no cume dun penedo, as tedes. A musa maila minha poesía. Unha mamae e duas filhas. ¿ Estará ela, a construir un paraiso só co pensamento ? ¿ Estará ela, a deixarse levar polas sensacións do momento ? ...Ou quizais, como decía Pessoa, eisista no seu desexo un país onde ser feliz consiste simplemente en ser feliz. Xa o dixo Mafalda: "Curioso... Un cerra os olhos e o mundo desaparece" - Sempre me gostaba ir correndo, entrar pola porta da eira e sair pola porta do curral, mentras minha avoa conxugaba o verbo xostregar... As veces penso ( só as veces) que minha avoa non me educou melhor porque eu sempre corría máis que ela. Foi polo outono, vivía eu na calle da Torre con Santiago Mato(Touro) e Cesar Dopico(Narón), dous bons aficionados a fotografía, cando unha mañan, enamorado da luz, merquei unhas acuarelas para subir a Torre de Hércules para pinta-la paisaxe. Subín, botei-lle unha ollada darredor e quedei queto-parado, aquelo era incrível, imposivel de pintar. Non tinha nen puta idea por onde escomenzar. Os poucos días merquei a minha primeira cámara de fotos, unha Pentax MX de segunda man por 20.000 pts para seguir na procura daquela inquietude que aniñara en min. ZOOMO RIO TOXA NA FERVENZA DE PAZOS Ata hai poucos anos, só os buscadores de wolfram, algúns lugareños e os corticeiros daquela zoa eran os privelixiados de contemplar tan delongada beleza paisaxistica. O río Toxa déixase caer a cachón desde unha altura de uns cincuenta metros formando deste xeito a máis fermosa fervenza da Galiza do interior. Agora pódese chegar ata o pé delas cáseque en coche ou ir ao mirador que está ao outro lado do rio. O melhor xeito de chegar alí é dirixindo-se dende Silleda pola carretera que vai ata Vila de Cruces e apartando nunha desviación cara a aldea de Pazos. Tamén tedes moi preto o Mosteiro de Carboeiro que data do 1171 e que se atopa noutro marco incomparavel para a contemplación ou meditación. E para rematar, unha visita a minha benquerida SOLAINA DE PILONHO Bueno, xa tedes unha ruta para perder-vos calquer día pola Galiza máis profunda.
 Eu quería ensinar-lle a colhelos cájaros, a escoita-los paxaros, a bebe-la auga na cuncha da man, a deitarse debaixo dos carballos e pecha-los olhos para deixarse levar polo ruxe-ruxe, rio Brandelos abaixo...  Tócaa outra vez Sam... Parece decirlle Fraga ó alcalde de Toques. ¿Sabedes cal é o colmo dos colmos? pois ese, ser alcalde de toques e que non lle esté permitido toquetear. "Vivo coma nunha ilha sen pontes, por onde non pasan barcos con amigos, nen na proa , nen na popa. Sendo a situación presente da minha vida triste e doorosa"
O meu diario xa non é un diario. Aquelo que no ano 1982 prometia ser un caderno amarillo rematou por ser unha pía de bágoas, un trasteiro das penas... "Un plan hidrológico que no sea capaz de garantizar la presencia de nutrias no debiera ser ni discutido" Miguel Delibes.O perdido paraiso do pescador de troitas convertirase nun encoro. A imaxen da foto é un reflexo do que lle espera a Galiza do interior para o futuro. Neboa, neboa e máis neboa...só neboa zoonNa contemplación da natureza pode atopar o home dos nosos tempos a melhor terapia contra os males que acosan o mundo. A necesidade do reencontro é cada día máis grande. zoonNon podo entender esa manía da xente de dividilo todo en duas mitades e só para decir esta para min i esta outra tamén... ...AMANHA VIRÁS, ANDARAS COMIGO A COLHER FLORES PELO CAMPO E EU ANDAREI CONTIGO PELO CAMPO VER-TE COLHER FLORES. (Fernando Pessoa)
Querido amigo: Son as oito da tarde, dunha triste tarde da sempre alegre primaveira. Nesta hora do coito na minha aldea, dispóñome a escribir-che unha carta na procura dunha maior identidade para a nosa amiztade. Eu non son mala persoa anque, como Pacual Duarte, non me faltan motivos para selo. Sinto moito ter que comunicar-che que este ano no poderei ir a festa. Dalle saudos a todos. Os nenos, mozos, menos mozos e vellos, nenas, mozas, menos mozas e vellas.
|
DoRViSou
Archivos
Enlaces
MeuS eNReDoS
AULA DA NATUREZA
FOTOGRAFÍA
BLOGS AMIGOS
NA LAREIRA
Otros
|