Se muestran los artículos pertenecientes a Febrero de 2004.

02/02/2004

NO LUSCO-FUSCO

Seve_1.JPG

As chamineas das casas de Dorvisou afumeaban, debuxando cabaliños do mar no ceu, mentras Severino da Eirabella, na compaña dun cadelo esmirriado, cruzaba o postillón de Cubelos, cúspindo barbullas de inocencia ao regueiro como querendo botar fora todo aquello que se lle escapaba ao entendemento.
Confabulaba e filosofaba con aquel can sen dono de conceptos tan abstratos coma o tempo ou mesmo lle contaba que as matemáticas non eisistian, que só eran unha invención dos homes.
Cando chegaban a taberna do Couto, o can arroubaba o pelexo no recanto da pedra na procura dunha codia de pan ou de que alguén lle pegara unha patada nos cadris ¿ quen sabe?
Era un can sen cartela de vacinación, un can sen vezo sexual.
Un can que ata lle ladraban os outros cans de palleiro…
02/02/2004 02:53 #enlace. Tema: Xente No hay comentarios. Comentar.

03/02/2004

ARMONÍA MUSICAL

oitava.jpg

A dulce melodía que empapa de suor os corpos dos amantes
non só é poesía.

03/02/2004 04:28 #enlace. Tema: Natureza No hay comentarios. Comentar.

04/02/2004

FEIRA DO GALO DE CURRAL

miradas_4.JPG

E logo, ¿Canto pides polos galos?
- Sonche vinte euros os catro..
Ti toleaches ou que?
-Se queres lévalos, e se non deixa-os
¡Oi que carallo! ¡Seique non mexaches hoxe, ho!
-Fóra, fóra de aquí. Que xa cheiras.
¿Eh? a modiño lercha, que che van saltalos dentes.
Veña, vinte euros polos tres e de regalo u outro.
-Está ben, está ben...léva-os e oxala che morran polo
camiño.

Mira que estás rara desde que non che baixa a regra?
-¡Oi que carallo,machiño! aínda me ás de querer foder na
feira

¡ Non ho!
-pois daquela vae rascalo carallo a outro lado ¿si?

04/02/2004 13:42 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 7 comentarios.

06/02/2004

SIMPLEMENTE MARAVILLOSO
( a cor do ceu)

margarida_1.JPG
Como aquel que renunciaba a vivir máis porque xa todo o soñara.
Así, estou eu , neste divino minuto da minha existencia,
despois de soñar que era o protagonista da minha vida .
06/02/2004 04:48 #enlace. Tema: Natureza No hay comentarios. Comentar.

07/02/2004

SENSACIÓNS

cousa.jpg
O meu amigo púxose a mira-la foto do dereito,
do reves, de todo-los xeitos posivles e xa canso de remirala, díxome:
Non é que me sea indiferente pero tampouco me di nada.
Deseguida me dei conta do sosego que contaxiaba aquela foto.
07/02/2004 23:04 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo No hay comentarios. Comentar.

08/02/2004

O MONUMENTO

Hercules.jpg_1.jpg
Ela, falaba no idioma da xente,
da fugacidade das cousas no tempo,
das etiquetas con data de caducidade das modas,
do mar, do amor e da libertade.
08/02/2004 00:54 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo No hay comentarios. Comentar.

09/02/2004

SENTI-LA VIDA LATER
na palma da man

bilha_1.JPG
Poder, diñeiro, palacetes con griferia de ouro, coches intelixentes...
¡Cantas cousas para colma-la felicidade de calquer ser humán!
E resulta, que a ti meu ben, só se che ocurre pedir-lle a vida todo aquelo que non se pode
comprar nen con cartos, nen en botica, nen no corte ingles.
Pedir "querer sentir" xa debe ser coma ter meio camiño andado, porque ¿sabes ti
cantas persoas viven nesta terra sen ter esa necesidade?
...Eu tamen quero senti-la libertade de vivir, coma ti, as emocions e os sentimentos.
09/02/2004 03:11 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 2 comentarios.

10/02/2004

O SEXO É PROSA OU POESÍA???

xxx_xx.JPG
ZOON

A poesía e a prosa son coma dous automóbils diferenciados pola cor,
que van no mesmo sentido e a diferentes revolucións.
Unha atopa meta no cerebro e a outra vai directa ao corazon...

10/02/2004 20:55 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 3 comentarios.

11/02/2004

SEGREDOS

akroll_10.JPG
¿No habéis sentido nunca el extraño dolor de un pensamiento inmenso que se arraiga en la vida, devorando el alma, la carne y no alcanza a dar flor? (Alfonsiña Storni). Pois, o mesmo me pasa a min...
11/02/2004 19:21 #enlace. Tema: Natureza No hay comentarios. Comentar.

13/02/2004

AUTORRETRATO (1986)

autoretrato_1.JPG
O que sempre esperamos dun retrato é
melloralo presente.
Facemos un pouco coma Dorian Gray que se bicaba nos espellos,
menos mal que os espellos non escupen, como decía Joaquin Sabina.
O grande Pessoa tamén decía que cando era neno se bicaba nos espellos,
que aquelo era un anticipo do que nunca chegaría á amar.
O "beat" Allen Ginsberg escribía:
me hice el amor a mí mismo
en el espejo, besando mis labios,
me dije: Me quiero,
te quiero más que a nadie.

¿Canto narcisismo cabe nun autorretrato(1986)?
13/02/2004 13:19 #enlace. Tema: Xente Hay 5 comentarios.

15/02/2004

Retratos

_1.JPG

A quen tanto me axudou a voar sen medo,
con reflexión, en libertade...
A quen me ensinou a decir que NON
para decir SI á vida e amalas cores reflectadas na luz.
MOITAS GRACIÑAS.

15/02/2004 13:21 #enlace. Tema: Xente Hay 3 comentarios.

16/02/2004

FANTASÍA

fantasia.JPG
ZOOM

Un saco de fabas de cores que se chaman maravillas é o que lle regalaría
o Doutor Da Barca a Marisa Mallo cando saíra da cárcere da Coruña.
Ela dixo que lle regalaría un saquiño con horas. Que sabía dun feirante de
Valença do Minho que vendía horas do tempo perdido.
El tamén lle dixo que terían unha nena que lle saíria POETA...
(M. Rivas no lapis do carpinteiro)

16/02/2004 00:28 #enlace. Tema: Xente Hay 2 comentarios.

18/02/2004

MÚSECA EN DORVISOU
foto propiedade de Pepe Penas

gaitas_0.JPG

Me lleve
una gran alegria cuando el teclear en Google
la palabra Penas me aparecio Dorvisou. Siento que di
un gran paso en el tiempo.Acababa de llegar del
Archivo Historico Provincial de Pontevedra, donde
estuve investigando en el Catastro de Ensenada la
parroquia de San Tome de Insua ( año 1753 )...
Digo lo del paso del tiempo, porque ver Dorvisou en el año 1753 y a
continuacion en Internet,parece que impresiona ¿no?
Lo dicho..


E aquí encontrei, que duda cabe, un novo amigo.
Gracias Pepe Penas, por esas fotos maravillosas que estás a enviarme.


18/02/2004 21:44 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 3 comentarios.

ROMANTICISMO NON, QUERÍA DECIR SENTIMENTALISMO

bikolandia_1.JPG

Fai uns anos merquei outra cámara fotográfica, unha
Canón desas automáticas.
Fai uns meses, unha Olimpus desas dixitais para recrea-lo tempo livre.
E fai uns días volvín a recuperar do caixon do olvido a vella e cáseque
inservivel Pentax MX, para quitarlle brilo, enfocar,
calcular con simetría antre velocidade e luz
para rematar disparando contra todo aquelo que se movía ao meu caron.

18/02/2004 03:42 #enlace. Tema: Xente No hay comentarios. Comentar.

19/02/2004

GATOS

nino_2.JPG

Unha terra árida e pedregosa, propia de lagartos,
onde hoxe a choiva se consumou en arte.
Vivo no país dos sin paraugas...

19/02/2004 00:52 #enlace. Tema: Xente No hay comentarios. Comentar.

20/02/2004

O ESPELLO

espello.jpg

Se digo que me metín no coche e me caía auga no pe ao pisar o freno
ou mesmo unhas pingueiras na cabeza, alguén esta no dereito de pensar
que Paco Penas de Dorvisou ten un descapotable.
Pero se digo que só chovía dentro do coche porque fora xa escampara...
¿De quen se pode rir un só senon é dun mesmo?

20/02/2004 12:13 #enlace. Tema: Xente Hay 5 comentarios.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]