Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Julio de 2004.

ESPELLISMO

espello_1.jpg
Non vos fiedes dos espellos. Moitas veces non fan máis que muda-la realidade.
02/07/2004 20:27 #enlace. Contrastes Hay 4 comentarios.

RIVOYRA SACRATA_II

sil_1.jpg
Contáronme que aos peixes non lles importa ser pescados, pois teñen a sangue fría e non sinten dor. Mais non foi un peixe quen mo contou. (Heywood Brown)
04/07/2004 00:42 #enlace. Natureza No hay comentarios. Comentar.

DESBARAXUSTE

decoragro_2.jpg


Fenosa, Engasa, Redesa...e nosa señora do Rendal.
Encoros, minicentrais a moreas
e os nosos montes posuidos polo máis eólico soño Quixotesco.
¡Que non Sancho, que non son muiños de vento!¡ Son os xigantes de Endesa...!
¿A onde iremos parar?.
05/07/2004 11:09 #enlace. AgroPop-Art Hay 1 comentario.

A MÁIS GRANDE PROBA DO AMOR

ollares.jpg
O meu padriño Francisco do muñeiro de Ollares tamén lle dixo un día a minha madriña Aurora da casa do carpinteiro de Circes que quería envellecer o seu lado.
¡Que bonito!
06/07/2004 02:19 #enlace. SeMeNTe Da TeRRa Hay 14 comentarios.

A MÁQUINA DE METER MEDO

maquina_2.jpg

O estroupelo dos ratos polo faiado,
O pim, pim, pim da pingueira na vella palangana,
ou mesmo o tic, tac, tic do reloxio de parede
que ía tocando as horas para delongar o meu sofremento.
Fora, no mundo, o misterio da noite.
Dentro, na casa, só un corpo de neno,sen folgo, teso co medo.
Chovía e zoaba o vento...
07/07/2004 10:34 #enlace. AgroPop-Art Hay 4 comentarios.

O XÉNERO IRRACIONAL

puertito.jpg
"Xúrame que cando nos casemos haverá postas de sol como esta"
-Decialle a noiva o seu namorado despois de escoitar o xornal das oito.
09/07/2004 03:00 #enlace. Natureza Hay 3 comentarios.

O PAXARO CANDO CHOVE...

paxaro_2.jpg


Sobre as ribeiras opostas dun río atópanse dúas palmeiras. Teñen de altura 10 e 15 metros respectivamente, dende o nivel da auga. Os troncos das palmeiras están separados por 25 m. Enriba de cada palmeira está pousado un paxaro. Os dous paxaros ven ó mesmo tempo un peixe, na superficie da auga, sobre a recta que une os pés das dúas palmeiras. Os paxaros chegan a mesma velocidade e o mesmo tempo ó peixe.
¿a que distancia do pé da palmeira máis alta apareceu o peixe?
10/07/2004 04:32 #enlace. Ollares Do Tempo Hay 8 comentarios.

A SOLAINA DE PILOÑO

solaina.jpg
A SOLAINA DE PILOÑO é unha nova vara de medi-la cultura. Un espazo lúdico onde o home enriquece o seu interior do propio entorno luxurioso que o sostén.
Paco Penas.
11/07/2004 01:19 #enlace. Ollares Do Tempo No hay comentarios. Comentar.

A SOLAINA DE PILOÑO está de festa, o mundo en guerra.

solaina_10.jpg
Dende hoxe, día 11, até o día 17 a SOLAINA DE PILOÑO vestirase de gala para acoller a VII Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas. Artistas consagrados con amplos curriculuns e outros máis noveles deixaran testemuña do creto que ós avala nestas xornadas que organiza cada dous anos a Fundación Casa Museo A SOLAINA DE PILOÑO ( Vila de Cruces-Pontevedra).
Neste ano participaran no evento artistas chegados dende Milán coma Cristiana Depredini, os galeses Brendan Stuart Burns e Richard Iwan Elis Roberts, a mexicana Elizabeth González Rozas ou a holandesa Tineke Porck dan fé da internacionalidade desta xuntanza ao igual cos brasileiros Luiz Mario Costa Freire e Valter Ornellas. Pero España tamén está representada. Da cidade condal chega Cristina Fernández; de Murcia, José Antonio Torregosa e, de Galiza, David Fernando Giraut, Jorge Couceiro García, Teresa de la Paz Grande Taboada, Lola F. Dapena, Beatriz Rivera, Almudena Fernández, María Marticorena Cabezas, Marta Rial Vázquez, Antón Lamazares, Luis Iglesias Rodríguez e Xaime López Villar.

O carácter internacional desta, máis que consolidada, xuntanza serve para poñer de manifesto que as iniciativas privadas poden deixar co cú ao aire a máis dunha institución pública no eido da Cultura.
A cultura para quen a mama.
Quen soña con un mundo mellor é o povo.
Os políticos sempre viven no mellor mundo dos posivels.

A clausura será o Sabado día 17. Nese día expoñerase ao público a obra criada polos autores en LIBERTADE. Así que, os que teñan a oportunidade de achegarse alí non deixaran de sorprenderse do paraiso que encerra aquela cancela da casa do ferreiro de Paxariñas.
11/07/2004 01:05 #enlace. Ollares Do Tempo No hay comentarios. Comentar.

OS GAITEIROS DE PILOÑO

gaiteiros_1.jpg
Autor da escultura: Paco Lareo
Texto: Recollido do blog de Garetoxo


A tráxica historia dos gaiteiros afogados no río Ulla, a noite de Santiago
Apóstolo no ano 1968. é o derradeiro episodio da historia musical da parroquia
de Piloño. Tras este suceso, transcurriron trinta e cinco anos de silencio folclórico.
Con tal motivo na Solaina de Piloño
celebrouse unha Xuntanza de Forxadores e gaiteiros nunha homenaxe o sábado dia 13 de
decembro de 2003 como lembranza ós musicos desaparecidos en concreto, e á
música popular en xeral.
A noite do 25 ó 26 de xullo de 1968, noite de Santiago, tres gaiteiros de
Piloño, Carmelo Espiño, o seu fillo Jesus e Enrique Silva volvían as súas casas
despois de actuar na festa de Santiago de Novefontes no concello de Touro. O
único instrumento que levaban consigo era a gaita de Valo de Combarro prestada
polo seu dono para aquela ocasión, os outros instrumentos quedaran na casa dun
veciño de Novefontes xa que logo debían volver para tocar ó día seguinte. Entre
esta aldea e Piloño, só existen uns poucos metros de auga do rio Ulla que
daquela se salvaban gracias a barca de Saturno e a barca de Ramiro.
Sobre as 3 horas da madrugada chegaron os tres músicos ó lugar coñecido como "A
Ponte Basebe" en compañia doutros tres romeiros veciños da parroquia de
Salgueiros Manuel Pampin Peiteado, José Souto Ramos e Carlitos Parcero Navaza
que , pretendian igual ca eles, volver ás súas casas cruzando o rio na barca de
Saturno. O barqueiro non estaba.
O rio, controlado pola central hidroeléctrica de Portodemouros levaba moito
caudal de auga. O habilidoso patrón fluvial, non aparecia. A noite propiciaba á
valentia. O desafio parecía viable.
Embarcados os seis homens no barquete botáronse a un río descontrolado, atrevido
e festivo que aceptaba o reto dos seis homes. A forza da natureza fronte a
fronte con seis mozos.
Perdido o contacto co aramio guía que une ámbalas duas veiras do rio como única
vía que os vencella coa terra e coa vida, a barca perde autonomía e como unha
mo´rtífera cesta de vimbios tripulada por homes desesperados, pérdese na
escuridade, batendo corpo con corpo entre os saloucos húmidos e desesperados
duns homes que tentan resucitar dun final que non ofrece dúbidas.
A traxedia non tarda en facerses con tres nomes; dous músicos Enrique Silva e
Carmelo Espiño e o mozo José Souto Ramos desaparecen entre as augas. Jesus
Espiño consegue amarrarse á vida en forma de pola de ameneiro, durante seis
horas de abrazo desesperado. Manuel Pampin e Carlitos Parcero son os que dan a
voz de alarma entre a vecindade que xunto coa Garda Civil, descobren os corpos
sen vida dos tres integrantes daquela estremecedora viaxe.
Nunha das Beiras do río, onde a auga lixeiramente amaina das correntes, a gaita
de Valo, arrolada polos prantos é rescatada do naufraxio.
Aquela madrugada de Santiago foi para PIloño, a derradeira noite, o derradeiro
estío, a derradeira viaxe da música
á escuridade de trinta e cinco anos de silencio..
Posted by goretoxo at Noviembre 30, 2003 10:14 AM
13/07/2004 12:06 #enlace. Ollares Do Tempo No hay comentarios. Comentar.

CONAS INFINDAS

88888.jpg
Conas infindas. Ginés Celdrán Gallego


Ela estaba sentada no fondo da cama, colleu o enano antre as pernas e díxolle: ¡cómeo!
E o enano mirandolle ao coño, berrou: ¡A min non, a min non...!
15/07/2004 02:49 #enlace. Contrastes Hay 4 comentarios.

CARALLO DE PAO

tenderete_2.jpg
Mirou a foto e dixo : ¡anda! ¡mira!, un electrodoméstico borracho...
e quedou cavilando na sequedade vaxinal das señoritas de Avignon.
16/07/2004 04:25 #enlace. Contrastes Hay 5 comentarios.

THEMARIAS

themarias.jpg
Ela acostumada as pasarelas entrou no restaurante achicando espazos e deixando sen folgo aos meus custormers ante esa desmedida fonte de beleza.
Deseguida escomenzou un cuchi-cuchi, até alguén comentou:
!hai que ver co fea que é o guapa que está!.
17/07/2004 13:12 #enlace. Xente Hay 3 comentarios.

OLLARES DO TEMPO

horroris_1.jpg
Chora minha nena chora,
fai suspirar a túa nai
que ela xa é grande bastante
como para entendelo ben. (leído nalgún livro de M. Rivas)
18/07/2004 20:47 #enlace. Ollares Do Tempo Hay 3 comentarios.

NENOS DO MEU POVO

Ching  lug.jpg
Os nenos nas escolas perden moito tempo en conceptos como arriba, abaixo, grande, pequeno, blanco e negro para chegar a entender as diferencias que marcan os destiños dos que viven no norte ou no sur.
(Mesmo non estaría demais incluir certa bitácora nos deberes dos máis cativos para sensibilizalos coas inxusticias que sacoden as costas do mundo.)
19/07/2004 11:53 #enlace. Ollares Do Tempo Hay 4 comentarios.

TEMPADA ESTIVAL

surf_1.jpg
Na illa de Tenerife tanto se pode tomar o sol no mes de Maio como ir facer unhas táboas á neve nas Cañadas no Teide. Agora, de aí a esto outro, que acabo de atopar na rede, hai un anaquiño.
¡Tenerife ten estas cousas...!
21/07/2004 12:59 #enlace. Ollares Do Tempo Hay 4 comentarios.

MALO, MALO...
MALO eres, no se daña a quien se quiere, no,
TONTO, TONTO...
TONTO eres, no te pienses mejor que las mujeres

elas_3.jpg
Unha prostituta escribía nunha revista de socioloxía o siguente: " que sería da integridade física de miles de xovenciñas se nosoutras non frenasemos os ímpetus sexuais desa caterva chamada homes"
- ¡ non é o lobo o principal inimigo do home, non !
22/07/2004 04:22 #enlace. Ollares Do Tempo Hay 9 comentarios.

FAUNA ESTRANHA....

carboeiro_1.jpg
O finito é miséria e o infinito non está o nosso alcanço.
Fauna estranha a humana fauna, cuja essência incide en superar a súa própia essência.

Toda a criatura em ser o que é baseia a sua existência.
A pomba quer ser pomba;
O bido, bido; como a pedra, pedra.
Fam-no o mellor que poden, e isso é todo.

...

Mas o home é home enquanto quer ser máis que home;
A sua essência é aspirar á essência do que é inumano
e que chamamos Deus;
Finito que pretende a infinitude.

...

Só a criatura humana se rebela
contra os desígnios con que Deus a traça;
Desde que o fruto da árvore da ciência
provou, non menos que a ser Deus aspira.


O mestre Carvalho Calero" nunha lección maxistral sobor dos destinos do home.
24/07/2004 10:51 #enlace. Ollares Do Tempo No hay comentarios. Comentar.

FANTÁSTICO PETER PAM

peterpan_1.jpg
"O neno é o pai do home" reza un sábio dito popular.
¡Salvemos os nenos da voracidade do mundo contemporáneo!
...para que as vindeiras xeneracións fagan desta terra un lugar habitabel onde a representacion dos sete vicios capitais sexa só puro teatro.
27/07/2004 01:23 #enlace. Ollares Do Tempo Hay 1 comentario.

CHÁMOME modesto RODRIGUES
e pensar cría en min un sentimento de culpabilidade

xente_11.jpg
O meu estado civil de "RODRIGUEZ" reduce salvaxemente o estado anímico e a eufória da noite tradúcese polo día nunha renuncia voluntaria das obrigas.
Ter que cargar a lavadora non é dificil. O dificil é ter que colgar a roupa.
Encher o borralleiro de colillas e carabuñas de cereixas tampouco conleva maiores esforzos. Levantar o cú do sofa para baldeira-lo, Sí e moito.
Meterse na ducha coa calor que fai é unha necesidade fisiolóxica. Non ter a quen pedirlle unha toalla é desolador.
Estou moi ferido, calo e aturo.
30/07/2004 02:21 #enlace. Contrastes Hay 5 comentarios.

O ESPECTÁCULO

xente_22.jpg

Nun debate da T.V dous homes falaban a berros ( que é o que está de moda) de sexo.

E que vostedes os heterosexuais...

- a min non me insulte vostede, eh.

¿sabe vostede o que quere decir heterosexual?

-Non, non o sei. Mais a min non ten porque chamarme esas
cousas...

.
31/07/2004 02:21 #enlace. Contrastes Hay 4 comentarios.




DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras y los Premios Bitácoras.com 2012 (medio oficial RTVE.es)

Contrato Coloriuris