Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2004.

AGRI-cultura

pakitos_2.jpg
Os armadanzas liberan os seus corpos das toxinas da herba seca.


Despois dunha curta folganza pola terra escomenza aquí unha nova andaina polo blogomillo.
Un feixe de novas fotos esperan no caixón da memoria. A maioría delas posuidas por un avezado instinto de perpetuar o espíritu do movemento Agropop-art, meténdome en pendellos na procura de vellos apeiros da labranza ou mesmo nos porrales das veciñas na procura dunha leituga en topless ou do xaramago encantador.
Bueno, xa vos contarei...
19/06/2004 01:52 #enlace. Tema: AgroPop-Art Hay 2 comentarios.

EUROEMPANADA

ferralla_5.jpg
Así quedaron as minhas vísceras nesta tarde despois da mala sorte de Alonsiño e a catástrofe da Armada invencivel, jeje
! Menos mal que nos queda PORTUGAL...¡
21/06/2004 12:00 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 4 comentarios.

O BLUES DO AUTOBUS

clon_1.jpg

GREGUERÍAS

Todos subían a mesma guagua. No taboeiro decía "Ao camposanto".
22/06/2004 04:25 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 2 comentarios.

A CIDADE que se mira ao espello

clon_z.jpg
A verdade é que foi un tempo inconcreto
porque dubido que haxa reloxio que poda medir un tempo tan indefinido.
Xuntáronse a fame coas ganas de comer. A máquina de sacar fotos convirtiuse nun membro máis do corpo e apostandome nun recuncho da cidade máis Atlantica disparei, coma un posuido, contra todo aquelo que rebulía o meu caron
22/06/2004 21:29 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 2 comentarios.

SEN MODESTIA

iria_2.jpg
Sen palavras. Non as preciso.
Abóndame coas cores da luz que inciden no lenzo
ou do sentimento que desperta en min a nena da foto.
23/06/2004 02:55 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 2 comentarios.

PACO do Ferreiro

pacolareo_2.jpg
O artista é um ser insatisfeito com o mundo, por isso ele cria. (anónimo)
24/06/2004 02:28 #enlace. Tema: SeMeNTe Da TeRRa Hay 7 comentarios.

MILAGRES da vida

darsen.jpg
Aínda me estou perguntando se estaban a posar para min ou andaban á ameixa


Subiu Deus á barca, e seguírono os seus discípulos. De súpeto levantouse tan gran temporal que as ondas cubrían a barca; pero el durmía. Os discípulos foron despertalo, exclamando:
—¡Señor, sálvanos que afogamos!
El díxolles:
—¿Por que vos acovardades, homes de pouca fe?
E poñéndose de pé increpou aos ventos e ao mar e veu unha gran calma. Os homes, abraiados, dicían:
—¿Quen será este a quen incluso os ventos e o mar obedecen?
25/06/2004 03:00 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo No hay comentarios. Comentar.

POSTAIS

darsena_1.jpg
¡ Hai que ver que oco máis grande deixaron no ceu as torres xemelgas.
Agora ata se ve dende o castelo de San Antón o parque de Sta. Margarita !
¡ Nova Iork, Nova Iork, A cidade onde ninguén é forasteiro, agás o alcalde que é de La Coruña !
26/06/2004 03:21 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 4 comentarios.

PASADO-PRESENTE E ... AgroPop-Art

carromania_3.jpg
¿Vostede escribe para a posteridade?
E Groucho Marx contestou: A posteridade, a posteridade...
¿que fixo por min a posteridade?
27/06/2004 12:23 #enlace. Tema: AgroPop-Art Hay 3 comentarios.

EU TAMÉN SON ...(sublime)

axente007_1.jpg
Fiz de mim o que não soube,
E o que podia fazer de mim não o fiz.
O dominó que vesti era errado.
Conheceram-me logo por quem não era e não desmenti,
e perdi-me. Quando quis tirar a máscara,
Estava pegada à cara.
Quando a tirei e me vi ao espelho,
Já tinha envelhecido,
Estava bêbado, já não sabia vestir o dominó que não tinha tirado.
Deitei fora a máscara e dormi no vestiário
Como um cão tolerado pela gerência
Por ser inofensivo.
E vou escrever esta história para provar que sou sublime...(F. Pessoa)
29/06/2004 12:45 #enlace. Tema: AgroPop-Art Hay 2 comentarios.

PAISAXE INCONGRUENTE

rebordaos_5.jpg
Estripeiros, abruñeiros, toxos e mimosas, hedras que gavean polas árvores ou mesmo muruxas, herbas do pito, herbas das almorranas, herbas da fame, herbas da rábia, herbas de namorar, herbas do cego, de ferro, do demo, do sapo... e ata herbas de fumar.
Mais a paisaxe está triste porque lle faltan esos "dinosaurios en perigo de extinción" que son AS VACAS.
30/06/2004 11:38 #enlace. Tema: AgroPop-Art Hay 6 comentarios.

SURREALISMO RURAL

ningures_3.jpg
Escoiteille decir a minha nae que agora nas aldeas,
hai xente que vai os enterros como se fosen a unha voda.
Quero entender que se refería o vestiario.
30/06/2004 02:58 #enlace. Tema: AgroPop-Art Hay 5 comentarios.



DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros