|
Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2004.
Nogalha, esa é a palavra que melhor define o meu estado de ánimo no día de hoxe. Non fixen nada. Só me deixei levar polo instinto dun animal ferido no día despois. Almax, aspirinas efervescentes, un pouco de froita e moita auga para atallar tan grande resaca. Menos mal que o ron era de calidade, un PLANTATION rum Venezuela Vintage 1992, porque senón aínda estaría nas berzas. O primo de Cosaco, o máis listo da aldea, sempre acertaba os pronósticos do tempo. - Xan, ¿choverá ou non? - Se sigue así , non ho. Respostou Xan mentras miraba o sol poñendo a man de visera. Mais, non era esto todo porque tamén atinaba cando chovía e lle perguntaban: -Xan, ¿ escampará ou non? -Si sigue así, non ho. volveu a "predecir", arroupandose as solapas do abrigo e metendo as mans no bolsillo.
Relato do amigo Cosaco, un galego que vive en Mexico e que tiven a sorte de coñecer na rede.
Ainda que vivim pouco, muito sonhei... Já nom me pode dar a vida nada máis. Como na Alexandria que loüys da mao de Anadiomena percurreu, Demétrio em sonhos possuiu a Khisis, e desperto non quijo possuíla. Assim eu renuncio sem saudade nem dor a vivir nada máis, pois já todo o sonhei.... (O mestre Carvalho Calero) Achegouse a ela e mirandoa dos pes a cabeza espetoulle ¿Bailas? -Bueno- dixo ela como quen non quere a cousa. ¡Que olhos máis bonitos tes!, apuntou el - O que importa e ter saúde, respostoulle ela mentras apartaba a cabeza e miraba para o outro lado. Yamil Omar é un gran comunicador. Un home xeneroso nos xestos e na mirada. Amante dos silenzos, do verbo florido e dos bons viños porque sabe que a vida é demasiado curta coma para perdelo tempo con mediocridades. Levanteime as sete e media. Era o meu día livre pero a minha companheira díxome que ia a quedarse na cama porque tinha gripe. Entón prepareí o colacao dos rapaces e fun a levalos a escola.Tamén aproveitei para fazer a compra e deseguida regresei a casa. Xa na casa, dei-me conta do día que me esperaba e sen perder tempo puxenme a elo. Escomencei por limpala casa, fazer as camas, barrer e fregar o chan e ponher a lavadora....sen descoidar, porsuposto, as atencións a minha companheira de viagem. Fixen o xantar e fun a busca-los nenos. Xantamos e fun a levalos a múseca e informatica mentras eu fun a fazer recadinhos que me encarregaran. Regresei a casa sobor da sete da tarde e rematei limpando os cacharros da cociña e colgando a roupa que mesmo secara xa, na lavadora. As oito da tarde, nesa divina hora do coito na minha aldea, senteime canso e sen ánimo a fumar o meu primeiro pitilho antre unha sensación mui extranha. Tiven medo, muito medo, sentin como se me fora a baixar a minha primeira regla.
NOTA DO AUTOR: Covertirme agora o Islán non, prometoo, pero o lusismo non sei que dizer.Tenho necesidade de ordear este galinheiro linguistico que me aterra e me limita. O MAGMA FERVE a tres kilométros de profundidade nas entranhas da terra mentras algún vulcanólogo di que estamos no prelúdio dunha erupción pero que esta será tranquila e sen riscos. ¿vulcanólogo ou vidente?
OUTRO MOVEMENTO está a producirse na corteza da terra co plan para controla-la povoación. Sete mil europeos pupulan antre as dependencias do INEM na procura do maná. A polémica está servida. CONSELLO SUPERFILOSÓFICO: "Faite unha foto e si saes é que esistes" Hoxe volvin a beber, pasoume o mesmo que a Suellen...
 "Si as tuas fotos non son dabondo boas é que non estabas o suficientemente cerca" dixo Robert Capa, quen morreu ao pisar unha mina na guerra de Indochina no ano 1954. ¿Morriña?, ¿Quen? ¿eu?... A esencia máis pura da terra concéntrase na horta da SOLAINA.
Dous rios circundan a maxia das súas entranas, sendo tanta a fertilidade, que mesmo ás pedras lle saen gromos de beleza.
Sentarse naquela horta, unha noite de vran e lua chea para escoitalos paxaros que un leva dentro ou para deixar-se envolver polo misterio nas tebras que nos ofrecen as súas noites pechas de néboas é todo un poema para os sentidos do home.
cando estás co amigo PACO LAREO podes falar da materia en estado puro, do espiritu ou estar calado. O silenzo conxúgase co armonioso murmullo silvestre dos pinos ou da auga dun regueiro que instintivamente vai na procura do río para que o leve ó mar.
A SOLAINA de piloño é unha nova vara de medi-la cultura. Un espazo lúdico onde o home enriquece o seu interior do propio entorno luxurioso que o sostén.
Paco Penas de DORVISOU.
Afanado na sua tarefa de sentilo pulo bulir nun mundo raro. ...Non sei, é unha parvada que vaias ao hotel, ao cabo es... -¿ que son eu? -...Home, es unha amiga, ¿non? - Son a túa amiga. Supoño.Esta marca que tes no brazo, ¡de que vacina é? - Nin puta idea, na mili púñannos en ringleira e chuzábannos aí cun combinado antitanque. debe ser unha vacina contra o mundo. -Estaría ben, unha vacina contra o mundo, contra a vida. Contra que non te queiran. Que cha puxesen de nena e logo nada che fixese dano. ¿E esta cicatriz de que foi?- os seus dedos desceran e acariñan unha costura na pel do costado -Apendicite_ incorporouse sobre un cóbado e ela sentiu o seu alento e a súa voz sobre ela-, Oes, tía, deixame que che mire a ti as cicatrices, tamén debes ter algunha ferida, ¿non?,paréceme que tes aquí uns vultos raros. - xa vexo que estás quente, non che colla frío. Hai unha feridiña que precisa que lle des coidados. Quere aloumiños. -¿E non quererá outra cousa? Teño aquí un músculo que ten unha tatuaxe que di:* Teño frio e busco abrigo*. -Logo, primeiro dáme aloumiños, xa virá logo o músculo... Hoxe tamén eu estou morriñenta, quéreme suaviño, Manuel. Estou rara. Non sei se é lúa chea ou que me está para vir a regra.
Suso de toro en Calzados Lola. Chove, hostia, que putada ir a boda coas bragas molladas. Letizia está tensa. Nótaselle a falla de sexo mentras a min férveme o leite. Hoxe é día de festa.
Chove, Felipe da unha aperta a papá oso, odia o protocolo. Mira a letizia e pensa: ¡ay carajo, se estiveramos sos! mentras, catro vellas durmen un sono debaixo das grandes pamelas.
Chove, A plebeia xa dixo que si, escoiteino eu, mentras o meu corpo daba de sí.
Que non, que non estou loco. Levanteime e facía sol, un día incrivel, mesmo todo me parece mentira... Sentin a necesidade dun post Real e non o souben facer melhor. ¿que? O loureiro da casa do Rei ao abrilas ventás pola mañan cediño cando me levanto. As mimosas da eira de Severino cando vou pola corrupiña do pereiro. A bosta fresca das vacas cando ando polos camiños, as xestas, os codesos... Pecho os ollos e son quen de fabricar ata un aire de toxo coa forza da mente.. TURISMO RURAL Si, turismo rural...da casa da nae a casa da sogra. Tempo haverá para dar un paseiño por lugares como a praia das torradas para contrastar sensacións, para liberar o corpo das tensión acumulada no trafego de cada día. Na mente teño tamén ese día da festa do blogomillo na Solaina de Piloño. Coido que esta foto xa aparece polos primeiros arquivos pero só quero con elo, volver a "escoitar" da boca de Peke algo bonito. Voume, como diría o meu amigo Caizan, levántome, xiro encima dun pé, abro a porta e pírome...para a praia. Nestos días dáme por fazer inventario das nuvens. A beleza das cousas reside nos ollos de quen as mira tanto como nas propias cousas. Sen comentarios Estou preocupado porque hoxe pola mañan ao espertar, a primeira imaxen que me veu a mente foi a dun vello tractor barreiros que tiña o meu sogro na aldea. Antre recentes posts do blogomillo e que mañan durmo en Compostela, estou que non estou.
¡BBRRRUNBRRONN…!Pisalo o embrague e o acelerador a fundo dúas veces como os máis avezados. Non sei, como querendo estrenalos oidos ou mesmo perderlle medo o ruido. Cando estaba só na casa maniobraba pola eira. Adiante, atras...sempre pola mesma rodeira pero o que de verdade molaba era collelo polas longas pistas da parcelaria, eses atallos dos inxenieiros. primeira , segunda, terceira....soltalo embrague, darlle jas a tope e facelo brincar de diante coma unha becerra, ata que botaba fume nejro con muxicas de lume pola chaminea. As monecas nas mans dunha nena rezuman felicidade
|
DoRViSou
Archivos
Enlaces
MeuS eNReDoS
AULA DA NATUREZA
FOTOGRAFÍA
BLOGS AMIGOS
NA LAREIRA
Otros
|