
Autor: peke
Está perfecto, Paco. Acaba de chegarme o teu correo, pero o meu non me deixa contestarche. Sinto a demora, pero non dependeu de min. O instinto non che falla nadiña. Bicos.
Fecha: 07/03/2005 12:56.

Autor: Luis Muiño
En galego, o poema de Pedro Guerra ten un aire a Pessoa. Xa me gustaba moito "Daniela". Agora é unha canción metafísica...
Fecha: 10/03/2005 01:51.

Autor: machi
Aí vai outra cita traducida, pero dalguén de máis lonxe:
Cada cousa ten a súa beleza, pero non todos poden vela.
Confucio
Un bico a todos
machi
Fecha: 10/03/2005 17:32.
Autor: Anónimo
Peke, onte acerqueime a unha libraría de Vila de Cruces e atopei un libriño teu. Pregunteille a rapaza que estaba no mostrador por el e díxome que acaba de chegar como unha novidade. Fíxome moita ilusión.
Muralliña, non é o que parece. é unha poza desas de auga na que caerías máis dunha vez na tua crianza.
A perspectiva da foto deforma a realidade.
Luis Muiño, Pessoa sigue a ser un dos meus favoritos. Noraboa polo teu blog. Paso por alí a miúdo anque non deixe rostroballo.
Gracias machi polas fotos. Gustaríame que fixeras un blog para deslumbrarnos con esas maravillosas fotos e poemas.¿que che parece? ¿sabes?,estos días, tan tristes para min, tiven ao meu lado a sempre reconfortante compaña do noso amigo Paco Lareo.
¡que grande é ter amigos de verdad!
Moitos bicos a todos.
Fecha: 11/03/2005 14:40.

Autor: peke
Carafio, Paco. ¿Novidade? A única novidade que estou agardando aínda non me chegou. Se tes ganas e tempo ponme o título por aquí, para saber se é a novidade que agardo ou que simplemente aí chegou tarde.
Fecha: 12/03/2005 02:18.
Autor: dorvisou
Suponse que é novidade para os rapaces de Vila de Cruces, para nós xa non é. O libriño era as ás de Xenoveva.
Un biquiño.
Fecha: 12/03/2005 03:17.