Blogia
DoRViSou

SeMeNTe Da TeRRa

<center>SeMeNTe Da TeRRa</center>
Hai homes que mercan unha illa para ser felices. Hai outros homes que lles chega con ter un muiño.
Xosé Taboada é un deses que para ser feliz non precisa dun camión ou dunha parcela na lúa.
Un home que vive na parroquia de Cumeiro, Vila de Cruces,
en armonía e agradecido a esa terra onde se criou.
Un home que traballou arreo na vida para dar uns estudos as súas fillas e manter unha familia.
Emigrante nos seus tempos máis mozos, albañil de profisión, artista de corazón.
Pintor, escultor... e poeta de silenzos e grandes soños.
A súa casa é un verxel en pleno corazón do Deza,
centos de esculturas de madeira e pedra deixan sen palabras a quen se achega a ela.
Unha galería acocha numeradas unha morea de obras de arte talladas en madeira,
outra galería, como un museo , nos permite facer un percorrido a través do tempo para amolecer a alma.
Ese muiño, que aparece na foto, é unha das súas grandes paixóns,
un muiño propiedade dos seus devanceiros.
Restaurado coas súas propias mans e do seu mesmo peto.
O muiño foi inagurado polo alcalde do concello anque como el dixo
" a placa de mármore conmemoradora do feito tívena que pagar eu tamén"
¡Vivir para contar...!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

4 comentarios

Paco Penas -

El "Lute" dicía que os delincuentas eran necesarios, que mesmo facía unha labor social importante, axudaban a pechalo ciclo...sen ladrons non habería policia e aumentaría o paro...bueno, non me fagas moito caso, hoxe levanteime moi cándido...

acedre -

Que non e un povo sen a suma das suas xentes ?. Incluindo os xenios, os Alibabas e os ladrons que non falten.

Paco Penas -

Ao final cheguei a conclusión de que non se coñece un povo sen coñecer a sua xente. Hai moito xenio sen Lámpara, moito loco incomprendido...

acedre -

Xente asi e a que fai un pais.
Ogalla houbese mais coma el e menos coma ese alcalde.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres