|
Se muestran los artículos pertenecientes a Enero de 2005.
Mentras non me chega a minha cámara nova ando a probar outras. Despois da canon EOS D10 deixáronme prestada para estas vacacións unha sony DSC F707 que leva unha óptica carl zeiss e, a verdade é que estou impresionado coas suas prestacións. Coido que levarei máis de mil fotos tiradas, o único problema, como prefiro sacalas con moita resolución para ampliar algunha, é que agora teño que rebaixalas ata 20k para poder postear e a maioria quedan moi pequenas. Probei co photoshop, xnview, paint... e a única solución é sacalas con unha resolución de 1280x960 ou 640x480. Asi que, fotos xa teño, tempo tamén, agora só falta algo que contar. ¡Outro día será! E por primeira vez desde que souben que aínda respiraba e seguía vivo sei o que é sentir medo a non estalo...
Así, deste xeito e recordando a Lois Pereiro, recitaba os seus versos un pavo despois de librarse da festa de noiteboa. Soca, soca de Nadal caga torróns i pixa vi blanc. No cagues arengades que son salades caga torronets que son dolcets.
En galego cantábamos e volveremos a cantar
Cantámoslle os reis do ki-ki-ri-kí, si non nos da nada cagámoslle eiquí.
E digo, volveremos a cantar porque hoxendía parece que so hai necesidade de rachar co pasado por unha terrible emfermidade política que aínda nos ten atontados. Esta noite puden comprobar, na cabalgata de reis, como a xente só cámbea de semblante ollando a cara de felicidade dos nenos. O seu mundo son os nenos, o seu futuro son os nenos... Un povo que ten que facer un esforzo por recuperar a súa memoria de fai tinta anos é un povo sen argumentos, un povo que non participa das tradicións é un povo enfermo de soedade. ¿Será verdade que os nosos políticos están a tirarnos areiñas os ollos? ¿Onde está a participación e comuñon do povo coa festa?
Levanteime e sorprendinme de que a minha cativa estivese a dormir. Día de reises, xa case é mediodía e esta nena aínda non foi mirar que lle trouxeron Melchor, Gaspar e Baltasar... Non entendo nada, na nosa crianza non pechábamos ollo, moitas veces en balde porque non nos traían nada, e estos rapaces de agora non hai quen nos desperte nen tansiquera na mañanciña dos reises dourados. Non andaba desencamiñada LauRa ESQuiVeL cando decía que "Traballar coas emocións ha se-la terápia do futuro".
Quixen se-lo cantor da aldea, quen posúe o repertorio amado, o sentimento e corazón, e de contido propio e forma única, con palabras creadas para nomear, as máis populares e por tal, auténticas, todas necesarias.
Quixen se-lo cantor da aldea, porque creo nela, creadora... (M. Daniel Varela Buxán "O patriarca do teatro galego")
Cando era neno tiña presa por saber que había detrás dos montes de Rebordaos. Desde que subira soíño pola currupiña até o cume do Pereiro, ou mesmo desde que fóramos a festa de Circes e cruzara por primeira vez o Río Ulla polo pozo de Louridao, naquela barca cadrada que manexaba o muñeiro tirando dunha corda atada no outra beira do río... sentín que o mundo era moito máis grande do que sempre soñara. Agora, mentras me dispoño a escribir aquelo que en baixo pensa a minha conciencia, doume conta de que ó decirlle adeus a Dorvisou, na procura doutros lares, non foi máis que subir acima dun carballo da capilla para ve-la aldea, que está feita do pano do que se tecen os sonos, desde o ceu. ¡Vou mirala febre, non sexa o perello...! Ao final vai ser certo que para sair ben nas fotos hai que ser guapos... ...E para non despertar a súa compañeira saía de "putillas". Fai uns días, no blog dun amigo, atopei un deses enlaces que dan resposta a moitas preguntas que me fago ao cabo do día. Ser Kama-eros é ser un mundo de cousas, ter un mar de sensacións vividas e soñadas. Sensacións de haber compartido mesa e mantel con mil famosos, sensacións de haberse enamorado de tres mil mulleres e deitado con cinco mil. Sensacións de ter un millón de amigos, de haber estado algunha vez en Lisboa,Londres ou París, de haber leído sete veces Ulises de James Joice, a divina comedia de Dante ou mesmo collido unha boa melopea de viño con Bukowski. Ser Camareiro ou non se-lo. That´s the question. . Hoxe, baixo ameaza de choiva, con frio e os cumes do Teide nevados, volvin a rúa para comtemplar ese conxunto de seres vivos deambulando, mentras pasa o tempo, cara á ningures. Todos finxindo non estar locos e moi contentos. ¡Se os humáns non tivéramos memoria seríamos uns pasmóns de moito coidado!. ...en Osebe enterran os cadáveres con zapatos. (Antón Reixa)
AUSCHWITZ, auschwitz, auschwitz...
Unha palabra tan difícil de pronunciar como de olvidar. Quen temos ou tiveron fillos adolescentes na casa sabemos ben deses desaxustes emocionais que levan os rapaces a aislarse dos demais. Xa cansado da pouca comunicación que mantíñamos estos últimas semáns decidin falar con el para preguntarlle se tiña algún problema no que lle podera axudar e chegamos a conclusión de que, para conseguir unha maior comunicación entre os dous sería preciso poñer un router para conectarse os dous a internet e poder chatear e intercambiar impresións sen cabrearse nen poñerse nervoso. Agora facémolo desde o meu ordenador que está na sá e o del que está na súa habitación. Só me puxo unha condición, que ningún dos dous escribise en letras maiúsculas. E claro que aceptei... como non ía aceptar. ¡Non me diredes que esto non é poñer a tecnoloxía o servizo e progreso da humanidade! ¡ Válgame deus que sí! ¡Saúde e terra! (que pola vosa culpa vou chegar quince minutos tarde a traballar) Poñemola pota ó lume con auga e un anaquiño de unto, despois bótaselle o lacón, a cacheira, o rabo, a costela, as unllas, a lingoa, a tenteira, a galiña, os grelos, as patacas, os chourizos. Con arte, cariño, xenerosidade e... lume manso. Hoxe, tódolos cocidos que se fagan noutra sitio do mundo serán sucedáneos.(Agás ó de Cristimil que é de cercanías...)
O cartel da feira ten renome internacional véndose desilustrado como cada ano por persoeiros do calibre de Bertin Osborne ou dos incombustibles Gayoso e os tonechos, que non lle chegan a facer sombra o protagonista que sempre será o porquiño. ¡AHHGGGG.........QUE ATAQUE DE MORRIÑA!
|
DoRViSou
Temas
Archivos
Enlaces
MeuS eNReDoS
AULA DA NATUREZA
FOTOGRAFÍA
BLOGS AMIGOS
NA LAREIRA
Otros
|