Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2005.

eSTaMPaS Do PoVo.

caleta_tajao_1.jpg
Non é o Beirut nen Kafuya. É a caleta de Tajao...as súas casas e a súa xente.
Eses instantes que enchen de felicidade a minha existencia.
01/06/2005 02:34 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 1 comentario.

GaiTRoPoS

frores_01.jpg
Ao mesmo tempo que recibo o "testikulo" de dorfun aproveito para presentar en sociedade unha das frores do meu xardin.

Tamaño total dos arquivos de música do meu PC:
Pois uns cincoepico XiGaS, que comparada coa carpeta das imaxes é máis ben pouquiña.

Último disco me comprei:
Fai uns dias, ía paseando e vin nun escaparate dunha tenda "Amigos" de Carlos Núñez. Non é doado atopar música galega por este recuncho do Atlantico e moito menos usual comprar música nestes tempos que corren.

Canción que estou escoitando:

Inescapable de SuRaBHi. Unha voz impresionante que me recorda moito a Madrededeus, moi relaxante para escomenza-lo día.

5 cancións que escoito moito ou que teñen un significado para min:

-"A paixao" de Rui Veloso e "Dunas" de G.N.R (por tantas e tantas razóns...)
-"Negra Sombra", en calquera das súas versións, e toda a música galega en xeral.
-Calquera balada de Eagles, Led Zepelin, Bon Jovi, Boston, Scorpions, Santana...(Ufff, como se nota que xa cumprín os cuarenta)
-"So long" ou "Suzane" de Leonard Cohen. (aínda hoxe alucino...como cando fumaba porros detras do palleiro)
- Desde fai uns dias "fala povo, fala" xa é como unha mosca detrás das orellas...jeje

5 persoas ás que lle paso o testigo:
Bueno, bueno...ímos ver, en primeiro lugar a Manoliño dos tirantes, ¿que oirá este pobre home? ¿as campás tocar a difunto? Costa dos Arrieiros asombr8-s a sempre querida Muralla e a, nunca mellor dito, Caladinha

¡Ah!, falando de música, tamén teño que dicir que me encanta o hip-hop, ¿como non vou gustar do hip-hop se na minha casa soan vintecatro horas o día os violadores do verso, nach scracht ou supernazamacho?...só faltaría
01/06/2005 12:23 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 3 comentarios.

BoiNaS, eMPaNaDaS e CoRReDoiRaS

Un problema no servidor de Blogia fixo que non podera despedirme neses últimos dias antes de voar o paraiso de G...ALICIA e as súas maravillas. Agora desde o reino do Laranxo, da Isolina Crespo, de Laxeiro, de Paco Lareo, do aviador Loriga, do matemático Aller, de Caladinha, de Pepe Penas, Carmen Adán, Neira Vilas ou outros tantos, desde as terras de Carbia, do DEZA, do Ulla, do Arnego e sen foto...MoiToS BiCoS SeN CoNDoN para todos.
07/06/2005 16:40 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 9 comentarios.

CaCHaReLaS Do San XoáN
Praia dos Cristianos-Arona

cacharelas_1.jpg

"Na noite de San Xoán non te deites ata a mañán.

"

...Pero xa o alcacén non está para gaitas. Unha retirada a tempo vale máis co mellor trofeo.
Un saúdo a todos, e pouco a pouco, despois destas pequenas e ben merecidas vacacións, irei poñéndome o día nas leiras do blogomillo.
23/06/2005 12:22 #enlace. Tema: Contrastes Hay 4 comentarios.

aRRouTaDaS FeBRiLeS

dance.jpg
Facía uns días que lle escoitara dicir que buscaban unhas mozas, que non era preciso que falaran o seu mesmo idioma, que non era para falar con elas. Uns días despois vín-nos bailar con elas... non tiñan cabeza, só pernas.
¡AAAAAGGGG...non me fagades moito caso, teño uns 38.5 "decibelios" de febre!
26/06/2005 21:07 #enlace. Tema: aRRouTaDaS Hay 4 comentarios.

MaNi-PuLa-CióN

cala_1.jpg
Non sei se é o mesmo manexar unha foto no PC que no cuarto escuro. Posiblemente facelo no PC sexa moito máis fácil e non con elo lle ímos quitar méritos ó artista...ou non?. Só podo dicir que esta xoia do
Picasa2, co que retoquei un pouco a minha foto, é estupendo. Un programa que mercou google para oferecelo de balde aos seus usuarios. Rescata e ordena os arquivos de imaxes e conta con unhas ferramentas moi completas e sinxelas de usar para "xogar" coas fotos. O programa está en inglés e pódese baixar dende aquí, tamen se pode baixar o parche en español dende esta outra páxina para compensar os máis desfavorecidos coma min.
27/06/2005 01:06 #enlace. Tema: Contrastes Hay 4 comentarios.

Si, SoBRaN WaTioS...

rio_2.jpg
Doce kilómetros con sete encoros non deixa de ser un crimen contra a natureza. Os pescadores de troitas quedaran sen paraiso e as minhas queridas aldeas da ribeira do Ulla despertaran cada mañan debaixo dun ameazador cobertor de néboas.
Así deste xeito, non me extraña que os nosos queridos rios crien en vez de troitas, monstruos que berran atrapados no cemento mentras certos políticoscertos non fan outra cousa que calar.
29/06/2005 02:24 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 6 comentarios.



DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros