Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2005.

DeBuLLaR é uN VeRBo Moi CRiaDoR

maio_2.jpg
Arredor dunhas catrocentas fotos saquei hoxe. Agora, boas, dicir boas...catro ou cinco.
Ainda así, moi feliz son co meu xoguete.

"Moitas persoas perden de disfrutar das pequenas alegrías, esperando só a grande felicidade"(Pearl S. Buck).
03/05/2005 03:42 #enlace. Hay 2 comentarios.

FRoReS a MaRía...

maio_3.jpg
Hoxe disfrutei como un anano das cousas máis mundanas.
Desde lava-lo coche a man con caldeiro e unha esponxa nun regato de auga, cousa non moi usual neste sur de Tenerife até quedar pasmado ollando unha ringleira de formigas carrexando pequenas frores para celebrar o mes das noivas, o mes da consagración de María, o mes das cántigas, o mes das frores. E xa non digamos nada do almorzo con caldo galego, lacón con grelos e tarta de Santiago... e ademais, se lle engadimos que pagaron outros, xa me contaredes.
03/05/2005 03:37 #enlace. Tema: Natureza Hay 2 comentarios.

FaBaS De CoReS

fabasdecores.jpg
...¿ou serán luces verbeneiras na romería da minha aldea?
04/05/2005 02:08 #enlace. Tema: Greguerías Hay 2 comentarios.

aRRouTaDaS eN dO MaioR

terciopelo_1.jpg
¡E pensar que hai homes que non "perderon" tres minutos da sua vida en contemplar a beleza dunha rosa!
¡E pensar que hai mulleres que xamais lle temblaron as pernas cun orgasmo!
...non sei que cousa será máis triste
05/05/2005 02:19 #enlace. Tema: Natureza Hay 2 comentarios.

TaRTaRe De TXaCa

txaka_1.jpg
Tiña moita razón Pepe Carvalho, cando dicia que o sexo maila gastronomía eran as cousas máis serias que había.
Eu, o mesmo que el, tampouco como calquer cousa.
06/05/2005 03:11 #enlace. Hay 3 comentarios.

aCTioN - FeiTo - aCTo

feitopasivo.JPG

PaSSiVe aCTioN



O méno tinha um ar tranquilo
E a calma dum falsário
Tocava suavemente e com estilo
Para enervar o adversário

Ele tinha já algo de artista
Naquele seu jeito de pluma
A sábia pose dum mestre bilharista
Que nem o próprio tempo esfuma... (Rui VeLoSo)


07/05/2005 19:46 #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 2 comentarios.

aCTioN - MoVeMeNTo -

bule_bule_1.jpg

aCTiVe aCTioN


07/05/2005 03:13 #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 2 comentarios.

CoNTRaSTeS...Da ViDa

contraluz21.jpg
Alguén dixo,falando de fotos, que se miras de noite e de lonxe, a través dunha ventana, a silueta dunha muller bailando ao ritmo dunha música que ti non escoitas...témo-la radiografía dunha fotografía.
Claro, se a muller baila ao compás da música de Carlos Nuñez a fotografía é de concurso.
09/05/2005 03:39 #enlace. Tema: Contrastes Hay 2 comentarios.

SeNSaCiónS ...iNCoNCReTaS

bufarro_1.jpg
Ás veces gustaríame facer unha interpretación máis lúdica dos meus traballos como fotógrafo, mais agora, nesta hora maina da noite, non teño ganas nen argumentos para catalogar esta foto... polo que, mellor será seguir escoitando a María do Ceo cantando fados, lendo os blogs dos amigos e mudalo verbo.
11/05/2005 13:22 #enlace. Tema: Contrastes Hay 2 comentarios.

ReTRaToS

nena_1.jpg
Para pintar un neno hai que facelo con moito cariño...(GLoRia FueRTeS)



Así queda a foto despois de eliminar ese muro. Tiña razón Xisbe, ás veces hai detalles que sobran, que despistan moito máis do que aportan.
12/05/2005 11:25 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 7 comentarios.

SPaCe - eSPaZo (o meu) - eSPaCio

omeumundo_2.jpg

Foime un pouco difícil escoller a foto para o tema de hoxe. Xa sei que o mundo é moi grande, seino desde que escomencei a camiñar. Primeiro desde a minha casa até a escola da Capilla e máis tarde desde Dorvisou até o Castro de Cumeiro para coller a "guagua" escolar...
Si,o mundo é moi grande. E a minha aldea, desde a chousavella, tamén.

...jeje, como se nota que só me quedan uns días para colle-las vacacións.
13/05/2005 03:12 #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 3 comentarios.

CaMiÑoS Da ViDa...

paisaxe_1.jpg
Todo é camiño e verdade...ou eso parece que é ás veces.
15/05/2005 13:12 #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 1 comentario.

paisaxe_3.jpg
Si peke, está un pouco retocada. Esta que aquí che deixo é a orixinal.
Cando revelaba en BN disfrutaba moito sombreando ou manipulando dalgún xeito as fotos. Unhas veces ás coloreábamos un pouco con acuarelas ou ás virábamos con productos químicos. Agora,con estos fabulosos programas de fotografía podes facer até milagres e senón que lle pregunten aos asesores de imaxe de Manuel Fraga...jeje.
Tampouco quero dicir con esto que todas estén retocadas porque a calidade que me ofrece esta cámara dixital é boa, aínda tendo en conta que descoñezo moitas das posibilidades que me ofrece.
16/05/2005 01:14 #enlace. Hay 2 comentarios.

SaNTa SeDe

culto_1.jpg
Moitas veces penso que este mundo sin deuses sería moito máis xusto. Cada día que pasa o meu santuario é menos monoteista, tanto rindo culto o Rioxa, Priorato, Somontano ou Ribeira do Duero. Tanto me da que me da o mesmo...
16/05/2005 16:29 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 2 comentarios.

BruTuS e CaSe eReCTuS...

escultur_1.jpg
Sostiña Einstein a teoría de que os humanos, somos esencialmente iñorantes. O que non sei é se falaba tamén dos políticos do PP.
18/05/2005 03:35 #enlace. Tema: Ecce Home Hay 4 comentarios.

aRRouTaDaS eLeCToRaiS...

urban_1.jpg
Unha das ventaxas de vivir nas Ilhas Canarias é que a roupa seca antes.
...Unha desventaxa é que no podo facer nada por "botalos". De sabelo, houbera cruzado o Atlántico, pois eles si poden facelo. De todolos xeitos, como este ano estarei por aí, intentarei carrexar voto convencendo a minha nai e a minha sogra de que, agora con ZP, non lle quitaran a paga senón votan o PP.
19/05/2005 21:13 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 7 comentarios.

VeRDe Que CHe QueRo VeRDe...

cancelos_1.jpg


Si, tal vez un pouco tarde...xa o sei. ¡Que lle ímos a facer!
Parece que foi onte é xa hoxe é mercoles. ¡Todo sexa polo PHoToFRiDaY do CaRaLLo...!
22/05/2005 03:28 #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 2 comentarios.

FoTuS PaCuS

aosol_3.jpg
Sempre disfrutei moito das víspras das festas. Ás veces tanto como da mesma festa...
¡Xa todo me cheira a VACA...cións!
25/05/2005 10:03 #enlace. Tema: aRRouTaDaS Hay 2 comentarios.

NaDa, NaDa...

muchachito_1.jpg
A verdade é que atópome un pouco devanado. Sinto como se tivese o espíritu amoado ou ferida a vontade.
Tamén é certo que moitos foron quenes de facer da nada poesía...
(lástima que os meus non podan comer dela)
27/05/2005 10:01 #enlace. Tema: aRRouTaDaS Hay 2 comentarios.

SYMBoL - SíMBoLo - eMBLeMa

vaca_machi6.jpg
FoTo enviada por Machi

A VACA É O SÍMBOLO DA PAZ...Castelao




-Non está mal, espiña,non está mal -dixo Candela conciliador-. pero moito me temo que a arte de hoxe, na fin de milenio, procure a serenidade das cumes nevadas.
Espiña non respondeu. Acompañou ó crítico ata a porta da pensión e ó despedirse unicamente dixo: Terán cumes nevadas.
Aquela noite pintou un branquísimo lenzo.Branco sobre branco. Logo fixo un corte de navalla na palma da man e co seu sangue pintou unha vaca.Unha vaca vermella e feliz sobre a neve.(Manuel Rivas en uN MiLLoN De VaCaS)


Claro está que Mariano Espiña, o mesmo que esta vaca ou Laxeiro tamén eran do reino do Laranxo.
28/05/2005 11:32 #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY No hay comentarios. Comentar.

BiRReTeS And BoiNas...

silueta_1.jpg
Tiña moita razón Manuel Rivas cando traducía aquelo de "There´s no such thing as a free lunch" como: Non hai nada como unha boa papatoira da XuNTa.
¡Con gaita ou trombón, empanada ou lacón...!
¡Bon proveito Galicia!
29/05/2005 01:07 #enlace. Tema: Galiza Calidade Hay 3 comentarios.

CouSaS De NeNoS

nenos_.jpg
-¿Qué me das e son teu mozo?
-¿Eu? Eu douche unha labazada. (CaSTeLao)
31/05/2005 03:48 #enlace. Hay 2 comentarios.



DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros