Blogia
DoRViSou

Non aos móbiles...

IMG_6345-1

Xa o dixo Albert Einstein: “Sen abellas non habería alimentación para o home, as abellas son a base da vida na terra”.


Unha das minhas curiosidades cada vez que "inicio sesión" é darlle un repaso as novas que aparecen nos meus favoritos de google, e hoxe chamoume moito a atención este artigo de Barrapunto ¿ Poderían ser os móbiles a causa do mal das abellas? . Coñecidos eran outros problemas que afectan ao reino destes pequenos e interesantes insectos e que deberían poñernos en alerta aos humanos pero de aí, a que os móbiles tamén teñan culpa dese desacougo das abellas, non deixa de ser preocupante e máis tendo en conta a sua importancia polinizadora en moitas especies vexetais que nos sirven de alimentos.
O meu interese pola apicultura ven dun cursiño ao que asistin fai moitos anos, impartido por Suso Asorey , un home dos que máis sabe do mundo das abellas na Galiza  e que me contaxiou paixón por esta fermosa comunidade...
Pois xa sabedes, un motivo máis para negarse, coma min, a levar un móbil.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

10 comentarios

Paco Penas -

Moitas gracias a todos pola visita e polos comentarios. Nestes días ando un pouco liado e desaparecido en combate...espero que pronto poda recuperar a tranquilidade e disfrutar de máis tempo libre.

peke -

Hai moita lenda urbana sobre os efectos dos móbiles. Estudios serios que o demostren non coñezo ningún.

Mercedes Seixo -

Eu e as abellas non nos levamos moi ben, por iso das alerxias...escapolle en canto as vexo porque como me piquen malo. pero si que coñezo da súa importancia e Einstein ten moita razón, tiven a oportunidade de entrevistar a Suso Asorey nas Quimbambas e diso me falou. Ademais meu pai sempre tivo algunha colmea e el entende de apicultura.
Por outra parte o Enredo do Abelleiro (o Museo Vivente do Mel) é un lugar moi interesante para visitar e que aconsello. Un biko Paco

Ninsesabe -

Dos pesticidas xa sabía aljo, aínda o outro día escoitei un reportaxe interesante. Creo que en Córdoba están a usar abellas para medir a contaminación.
Agora en "serio", xa desconfiaba eu que o feito de apelidarme Abella tiña o seu aquel, pero Einstein confirmoumo: síntome importante.

Sergio Vargas -

A donde vamos a ir a parar...en mi caso he convertido mi movil en un fijo que hace las veces de despertador ,y siempre me lo dejo en la mesilla(no es a proposito es que soy muuy despistao...)bendito despiste!
Saludos amigo!

muralla -

O outo dia, volvendo de Orense pola carretera de Santiago, decialle o Andrés que ti eras de por ali, das terras do Ulla. Ahora xa o sei e digo tamén que a ver si nos vemos no verán.
Interesante o das abellas. Coido que cos móviles todo é posible.
Bicos.

Paco Penas -

Manuel, pois sería o Ulla. O río da minha vida e do que escapei vivo de milagre unha tarde do Domingo, cando fomos eu mailo meu irmao ás anguías e abríndonse as comportas da presa, case nos leva río abaixo. Dorvisou é unha aldea da parroquia de Santomé de Insua preto do encoro de Portodemouros.
Suso Asorey, biólogo, coido que naceu en Loño, parroquia do concello de Vila de Cruces e vive en Santiago. O señor que fundou o enredo do abelleiro chámase Isidro e vive nuha casiña daquelas que se construiron cando se fixo ese monstruo de encoro de Portodemouros.
Unha aperta e espero poder conversar contigo neste vindeiro verán por terras da Golada.

Manuel Busto -

Estimado Paco: A ver se hoxe consigo que che chegue este comentario. Intenteino outro día e non o conseguín. Alédome de te saudar e coñecer. Gracias polos teus comentarios e aportacións.Dígoche que o río da túa primeira troita era o Ulla, que pasa polo fondo do Seixo buscando Agra e Brocos.
O mundo das abellas é certamente interesante e o problema da súa desaparición desde logo que preocupa. Eu non sabía que os móbiles puideran estar a ocasionar problemas coas abellas. Todo é posible. Debérase estudar ben e buscarlle remedios. ¿Suso Asorey é o do Enredo do Abelleiro?
Unha aperta desde Agolada ata esas Illas Afortunadas que te acollen.
Manuel Busto

Paco Penas -

Home, interesante, o que se di interesante...
Graciñas pola visita e agradecido polos aloumiños :-)

Robert -

Ola! un blog realmente interesante e orixinal.Visitareiche de novo.
Saúdos ;0)

Robert
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres