Fai un tempo un amigo agasallou ao meu fillo con este cadro. O cadro que colga das paredes da sala da minha casa é coma un xarope de marmelada para o meu espíritu. No fondo do cadro concorren as minhas cores máis primarias. O azul do ceu, o verde dos prados de cubelos, os ocres das terras de fonfría, as follas e landras dos carballos da capilla, o moucho dos rebordaos e até a frescura da auga da fonte do novello.
O problema está en que Uxio quere recuperar o cadro para a súa nova cova na Coruña e a min paréceme razonable... discutilo.
Anque presinto que só quédame esperar da súa indulxencia ou restrinxirlle as chamadas do móbil :-)03/09/2007 23:33

Autor: pepe penas
O ceo, Cubelos, Fonfría, carballos, Capilla, auga,fonte,Novello, azul, verde....todo eso e Dorvisou..Vas ter que "prestarllo". Por certo estou esperando a foto da placa da Capilla.
Unha aperta dende Fonfria
Fecha: 04/09/2007 01:16.
Autor: Paco Penas
Pepiño, terá que seguir a prestarmo el a min, non?
A foto debe estar nalgún cd. Buscareina tan pronto se faga de día, agora vexo pouco :-)
Apertas.
Fecha: 04/09/2007 04:27.
Autor: mueja
Haberá que discutilo. Os fillos xa se sabe.
Grazas por incorporarme aos teus enlaces.
Agora eres un dos meus blogs amigos.
apertas
Fecha: 04/09/2007 09:58.

Autor: Mercedes Seixo
Fermoso cadro, evoca moitas cousas...entendo que uxío queira recuperalo pero tamén entendo que llo siga prestando a ti...en fin haberá que discutilo.Moitos bikiños recibiches unhas fotos no teu mail?
Fecha: 04/09/2007 15:58.
Autor: Paco Penas
Graciñas, mueja.
Mercedes, recibir, recibir unhas fotos, non...pero fíxome moita ilusión o teu e-mail :-)
Anda, intentao de novo, porfa.
Fecha: 06/09/2007 10:16.

Autor: peke
o agasallo foi para Uxío, xusto é que intente recuperalo... sen chantaxes paternas. ;)
Fecha: 08/09/2007 16:30.
Autor: Paco Penas
Nada, que os cadros son moi sensibles aos cambios de temperatura. De momento, seguirá disfrutando do sol.
Graciñas a todos pola visita.
Moitos bicos.
Fecha: 13/09/2007 12:30.