Blogia
DoRViSou

FiLLoaS á PeDRa Na SoLaiNA

clausura 069

Podía ser un papel, unha tea, unha pel... pero é unha filloa á pedra. A rapaza do arco recibiu unha maxistral clase do decano do centro de estudios da filloa de Merza, D. Xosé Molina, na Solaina de Piloño , con motivo da clausura da VIII Forxa literaria. Unha proba que superou con matrícula e que non esquecerá mentras viva.

Peke, cáseque acertas, tamén é certo que tiraches para todos os lados sen mirar :-)

Ah, e non deixedes de botarlle unha ollada a estes dous post do sempre douto Manuel Gago en Capítulo Cero. San Salvador de Camanzo e A Solaina de Piloño .

¡AGGGGG.....QUE ATAQUE DE MORRIÑA ME ESTÁ ATACANDO!

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

6 comentarios

Manuel Busto -

A morriña curámola aquí cun bo prato de filloas, soas ou acompañadas. Para cando voltes.
Dos bares de Agolada, non os citei por non os contar, ¡tantos me parecían!. Naquel entón eran 17. Menuda cifra! Agora que a vexo, penso que mellor foi non poñela, alguén podería pensar mal. E tiñamos tantos porque os necesitabamos. Uns bos, outros medianos e algúns ruíns.
Unha aperta de buxo para que te recuperes da morriña.

A rapaza do arco -

^_^ graciñas por traerme de novo as lembranzas desa fin de semana tan boa. Mira que o pasei ben e que aprendín con todos vós!
Xa sei que para o ano irán outros rapaces e rapazas pero estou pensando en apuntarme de incógnito e facer de ocupa un par de días máis. Un bico grande

Paco Penas -

Ogallá o vindeiro ano podamos disfrutar das filloas todos xuntos na Solaina. Sería xenial.
Bicos a todos.

peke -

Non tirei para todos os lados sen mirar!! Comentei o que me suxería, pero unha urbanícola coma min nunca vira facer filloas dese xeito.

Meris -

mmm, acabanme de entrar ganas de que chegue o antroido para ir comer as filloas a pedra que fai miña madriña. Tamén dicir que as q fago eu na filloera saben ben, pero claro, non é o mesmo.

paideleo -

Vaia, vaia. Nunca o acertaría.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres