|
Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2007.
02/04/2007
o VeRBo e a CaRNe... O que eu digo é que non necesitamos sacrificar animales para sobrevivir. Nunha sociedade máis civilizada, sobrarían alimentos. É nos países máis ricos onde máis animales se sacrifican sen necesidade. Sabedes por que case se extinguen os búfalos nas grandes praderías americanas? Pola lingoa. Os indios aproveitaban todo, mais as grandes matanzas foron feitas polos brancos. A lingoa de búfalo foi un menú de moda nos restaurantes de Nova York. O búfalo Bill era unha máquina de matar, un cazador industrial. Nun día disque matou máis de tres mil búfalos el só... ... Ten razón Holando, dixo Arturo da Silva. Iso si que sería poñer o mundo do revés. Deixar de sermos carnívoros. Mais xa sabes o que facían os monxes de Oseira en cuaresma, cando estaba prohibido comer carne. Tiraban os porcos ao río e logo botaban as redes para pescalos. Os labradores, que non podían nin cheirar o touciño, baixo pena de excomuñon, foron protestar por aquel abuso e o abade dixo: Todo o que cae na rede é peixe! ( Manuel Rivas en "Os libros arden mal) Etiquetas: Galicia, fotoblogs
06/04/2007
07/04/2007
08/04/2007
11/04/2007
PReMioS GaSTRoNóMiCoS DiaRio De aViSoS XXIIPremios Gastronómicos Diario de Avisos
"era mi oportunidad unos entran otros van saliendo y entre el barullo yo me cuelo dentro..." Pois nada, que como dí a canción de Mecano...me colé en una fiesta A min faríame moita ilusión recibir o premio, convocado polo concello de Lalin, de periodismo gastronómico Álvaro Cunqueiro pero bueno, como tamén lle pasou ao noso Camilo José Cela que lle concederon o Nobel denantes que o planeta, un non perde a esperanza. Foi un pracer compartilo premio, os viños e os canapes con tantos amigos e agora, toca traballar con máis fervor se cabe para alimentar este orgulo de taberneiro. O que si foi verdade é que nin así deixei de facer fotos , tan pronto como quedei liberado collin a cámara e disfraceime de camarógrafo Etiquetas: gastronómia, Tenerife, Canarias
13/04/2007
VoLVeNDo ao ReGo...Eu tamén son un híbrido porque meu paí xa viña ás mozas a Dorvisou, dende o outro lado do río... Etiquetas: fotografia, fotoblogs
14/04/2007
MúSiCa...MaeSTRo Se de verdade, eres das que pensan que o tamaño importa, podes vela foto en grande... Estos días veño ollando en diferentes blogs unha invitación para falar daquelas cinco cancións máis axeitadas para facer o amor. Pois ben, eu tamén quixera deixar testemuña das minhas preferencias, anque son dos que penso que non hai millor música para acompañar dito "trajín", que os propios xemidos do goce. ... o tic tac dos vellos reloxios de parede, o renxer das camas ou mesmo aqueles xergóns de carochas dos nosos avós tampouco debían desentonar de todo... Eu teñoo feito tamén sen música...para non despertar aos que estaban na cama do lado. Do que me arrepinto moito é de non telo feito con música heavy, cando era máis mozo. Tamén hai unha música moito máis intimista, é esa melodía que soa debaixo da tapa do peito cando remata a festa. Agora, con música ou sen música...dalle candela. Etiquetas: fotografía, fotoblogs, galiza
16/04/2007
Non aos móbiles... Xa o dixo Albert Einstein: “Sen abellas non habería alimentación para o home, as abellas son a base da vida na terra”. Unha das minhas curiosidades cada vez que "inicio sesión" é darlle un repaso as novas que aparecen nos meus favoritos de google, e hoxe chamoume moito a atención este artigo de Barrapunto ¿ Poderían ser os móbiles a causa do mal das abellas? . Coñecidos eran outros problemas que afectan ao reino destes pequenos e interesantes insectos e que deberían poñernos en alerta aos humanos pero de aí, a que os móbiles tamén teñan culpa dese desacougo das abellas, non deixa de ser preocupante e máis tendo en conta a sua importancia polinizadora en moitas especies vexetais que nos sirven de alimentos. O meu interese pola apicultura ven dun cursiño ao que asistin fai moitos anos, impartido por Suso Asorey , un home dos que máis sabe do mundo das abellas na Galiza e que me contaxiou paixón por esta fermosa comunidade... Pois xa sabedes, un motivo máis para negarse, coma min, a levar un móbil.
Etiquetas: fotografía, fotoblogs, galiza
19/04/2007
aRTe NaiF Na MaDaNeLa... Desde o cume da Madanela (650 m.) pódense ollar, nos días de boa visibilidade, ata 50 km. arredonda. Xunto do monte do Carrio é Unha das máis fermosas estampas da Galicia do interior. A Madanela atópase na parroquia de Carbia e chegase a ela desde a carretera que vai de Vila De Cruces a Pontelesdesma, dous km. despois do observatorio da Zarragrande. Nesta foto tan mala que deixo hoxe, destaca o cruceiro "naif" cos nenos que xa non son tan nenos e a singular capela feita nunha iniciativa dos mozos de Carbia, que como dunha oferta promocional de 3x1 se tratase, nos ofrece un lugar para o culto, un mirador contraincendios e tamén sirve de referencia como vértice xeodésico. Armando Vázquez Crespo, recórdanos nun libriño adicado as terras de Carbia, que as lendas contan que xa os monxes de Carboeiro viñan de tarde en tarde a dicir misa a unha capela que había antigamente e que, como non debían de vir de moi boas ganas pola lonxanía do camiño, aproveitaron ao romper unha pata a mula que traía ao abade, para deixar de complacer aos devotos de Santa Magdalena e abandonando así a capela que rematou polo chan Ah, a romeria vense celebrando no mes de Xullo, o domingo máis próximo ao 22,...por se alguén quere disfrutar do folckore de alturas Eu, tampouco poderei ir este ano porque sempre me toca retornar a estas queridas Illas, nas víspras das festas :-)
Etiquetas: Carbia, Lalin, Galiza
20/04/2007
24/04/2007
TaCóN... PuTo TaCóN Mulleres, mulleres. Eses corpos. Todos eses corpos. Donna Anna, Donna Elvira. Sempre aí, sempre aí. Sempre a tentar, un anaco de carne da perna cando a man acomoda a liga, o busto oprime a tea aí ao lado da cara cando che serven o café. Toda a vida a loitar, a impedir. A impedir que se apodere dun a sensualidade, o feitizo da súa carne, da súa proximidade... ¿que hai nesa carne, que atrae? Esa morbideza, esa tenrura da carne que súa e ole... ...Que é o desexo? O que fai que aquela man da fotografía do despacho, aquela man que é a do brazo do meu corpo, tome dende atrás un peito dela. Ela con cara de medo, de curiosidade, de entrega. O desexo é unha enfermidade momentánea, unha inflamación dunha parte dun, iso é e nada máis. Inflamación. Inflamación que produce febrícula e trastorno da mente. Non podemos defendernos completamente desa doenza, desas imflamacións. Nun futuro, a medicina moderna. O bromuro. O bromuro que botan na comida do rancho dos reclutas. Nin con bromuro... ( Suso de Toro en Home sen nome ) *** ¡Uff...como quenta Lorenzo ! será millor darse un baño...
Etiquetas: fotografía, fotoblogs
26/04/2007
o CeMPéS Así, camiñando a modiño, saboreando a vida, pasiño a pasiño... Etiquetas: Fotografia:fotoblogs
27/04/2007
28/04/2007
WHaT´S THiS...? A ver, a ver...como andamos de coñecementos do medio ¿que cousa é esto? Etiquetas: galicia, fotoblogs
|
DoRViSou

 aaquier42222
Archivos
Enlaces
aNDaNDo PoLa CaSa
AULA DA NATUREZA
FOTOGRAFÍA
BLOGS AMIGOS
NA LAREIRA
Otros
|