Se muestran los artículos pertenecientes a Diciembre de 2007.

01/12/2007

¡oiS PaNa, oiS BRoTHeR...!

IMG_82051

 

E díxolle o rei ¿por qué no te callas, macaco...?

O meu amigo Descartes, pensaba que os monos falaban coma os homes, pero que o disimulaban para non ter que traballar coma nós. Cousa que de ser certo, como ben nos conta Miguel Anxo Murado neste cachondo artigo , demostran que que polomenos son máis intelixentes.

Anque claro... sempre ten que haber algunha excepción

 

 

01/12/2007 12:56 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 2 comentarios.

04/12/2007

o FeiTiZo Da NoiTe

O lobo

DeaD oF NiGHT_ PHoToFRiDaY _ NoiTe DoS MoRToS

Foi nunha noite feiticeira, despois do churrasco , do viño, do licor de café... cando o amigo decidiu levarnos ao museiño da Solaina_filla para destapalo xarro das esencias. E como se de unha caixa musical se tratase, ao abrilo baúl dos recordos , unas notas musicais que emerxían do fondo daquela tulla, atraparon a noso espíritu para escoitar unhas historias que mesmo semellaban estar sacadas dalgúns relatos de Charles Dickens ou ambentadas nas vidas exemplares de Uxía Casal.

Cousas sen máis nexo que a poeira do tempo, cousas sen máis liñas que as da vida consumada, como aquel frasquiño das horas de cartón escritas e reducidas a borralla como quen quere desandar o camiño de volta, a damajuana espida onde repousaban as cinzas dun amigo ou a calaveira dun lobo atopada por algún recoveco do monte de Alcobre.

Aínda non sei dos desvelos dos meu amigos que se quedaron a durmir na Solaina aquela noite. Eu, despois de baixar o coche da garda de tráfico cara a Santiago, collin o coche e funme dereitiño para a minha casa, sempre a cabalo da liña contínua.

 

Etiquetas:

04/12/2007 00:19 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 2 comentarios.

09/12/2007

PRiMiTiVe

a matanza do porco 059
Primitivos non eran os nosos avós
nen primitivos somos nós, anque así o pensen ás veces os nosos fillos.
Primitivo, poderíamos chamarlle ao comportamento humano ante certas cuestións que nos descalifican por si mesmas.
De Mahoma falarei outro día, ou non...

Etiquetas: ,

09/12/2007 04:07 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 8 comentarios.

16/12/2007

aMeNCeR

fervenza_madanela 225

SuNRiSe PHoToFRiDaY aMeNCeR

O peor que che pode pasar é crer que amañece cando despertas....jeje.

Sinto un pouco esta indolente presenza polo blogomillo. Xa non podo roubarlle máis tempo a almofada e terei que organizar mellor o meu tempo para facer tamén outras cousas . Ás veces, cando teño un par de horas libres, dame medo entrar nos vosos blogs porque xa sei que non vou facer máis nada deixandome levar pola maraña e acabando sempre atrapado... Terei que acostumarme a postear e pasar polas vosas covas os fin de semana, que é cando teño algo máis de folganza.

Tamén quero amosar o meu disgusto con aquel xoguete que me trouxeron os reises vagos fai dous anos. Non é de recibo que unha cámara de fotos de ese formato teña tantos problemas coa limpeza dos sensores. Estou máis que cabreado porque mandala arranxar á Madrid cústame arredor dos trescentos euros e mercar esta outra, pode cústarme o divorcio. Pensareino :-)

Etiquetas: , ,

16/12/2007 04:18 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 15 comentarios.

18/12/2007

Cómo se converte o castinheiro em lenha para arder...

Paco Lareo

Estou canso.
Hoje cansei de picar lenha,
de erguer e deixar caer o machado
umha e outra vez sem descansar.

Cómo se converte o castinheiro
em lenha para arder
,
semelha o título dum Manual de Instruçons
escrito por Jack London.

Tenho que confesar que tenho medo
da motoserra.
Tem demasiados dentes, ruído
e revoluçons.
E semelha inestábel
como umha persoa que nom é de fiar.
Tranquila em OFF,
entra acesa nos meus pesadelos
e vira-se contra mim com os seus dentes de aceiro,
como um sonho
que se volve realidade.

Ou tamém pode ser
que nom a conheça bem e
nom é que a motoserra seja insegura
senom que o inseguro som eu.

Talvez algum dia
deixe de picar lenha a mao,
de erguer e deixar caer o machado
umha e outra vez
e lhe perda o medo á motoserra.

Tenho que cambiar,
mas necessito tempo.
E algumhas outras cousas.

Séchu Sende . Courel, 2007
*Grazas Séchu por pórlle letra ao himno :-)

Etiquetas: , ,

18/12/2007 11:52 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 3 comentarios.

23/12/2007

THe BeST oF 2007

Sombras e luces da vida

PHoToFRiDaY

Cando chegan estas datas somos moi dados a facer un pequeno resumen do acontecido ao longo do ano. Para moitos o millor día do ano foi onte, e senón que llo pregunten a catro do concello de Carballo, Santiago ou Vigo. Para algúns será hoxe e para moitos outros será mañán...

Para min o ano 2007 foi un ano dos máis laureados, un ano de recoñecementos, de premios... que só poden servirme de acicate para traballar con máis ilusión. Onte mesmo falaba cun amigo e dicía "esta semana foi tremenda, estou esgotado, vacío...." despois quedei pensando noutras cousas e cheguei a conclusión de que era moi afortunado, teño amigos que me queren tódolos días, unha familia chachi piruli, unha capacidade de sofremento que me acalma na penas. Teño unha aldea, teño un soño ... e hoxe, por ter ata teño vacacións e todo. ¡Que más se pode pidir!

No 2007 destacaría a entrega dos premios gastronómicos diario de avisos.

A entrega do "diploma e medalla amigo da Solaina " pola Fundación Casa museo A Solaina de Piloño.

Exposición fotográfica no centro cultural do Valle San Lorenzo , Arona.

Exposición Centro Cultural de Parque de la Reina , Arona

Exposición de fotografías na Fundación A Solaina de Piloño , Pontevedra

Exposición fotográfica na sala Paco Lareo do auditorio de Vila de Cruces , Pontevedra.

Aparte de xogar coa Wii ca minha filla, axudarlle a facer os deberes, colaborar un chisco nas tarefas da casa e aturar longas xornadas de traballo como taberneiro.

¡No 2008, a polo príncipe de Asturias, como non!

Felices Festas a todos.

 

Etiquetas: ,

23/12/2007 13:32 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 9 comentarios.

27/12/2007

aRCo Da CaRiXa

IMG_3356

Merza , terra de fidalgos, de casas solariegas,
Solar da nobreza, dos máis belos casais...
terras de augas termais, de ríos e pontes medievais...

Mais, esta ponte da foto non é o que parece. Non é un vestixio da historia de Merza . Coñecido como o arco da Carixa foi cimentado por un particular no ano 1928, despois de que unha riada asolara ca vella ponte.
A verdade é non estaría demais recuperala estética do medieval ou do romano e adaptala os tempos modernos.
¿A quen non lle gustaría ver pasalo ave polo acueducto de Segovia?


Deza

Etiquetas: , ,

27/12/2007 22:29 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 2 comentarios.

29/12/2007

O CauDiLLo Do DeZa

IMG_1785-1

"A morte de calquera home
diminúeme porque estou ligado
á humanidade; por conseguinte
nunca fagan preguntas por quen dobran
as campás : dobran por ti."

John Donne

(1572-1631)

O 28 de Decembro non é un bon día para morrer, sempre corres o risco de que cho tomen a broma. Ou polomenos eso foi o que pensei eu, fai un pouco, cando entrei na voz de Galicia como cada noite. Vamos, que quedei de pedra ao bater coa nova do falecemento de Xosé Cuiña, dicíndome a minha compañeira" Non fagas caso que che é unha inocentada" . Mais deseguida me dei conta de que as inocentadas da voz non teñen ese senso.

Morreu un home, o político xa morrera antes, e agora con serenidade e reflexión toca acompañar esa familia nestes tristes momentos. Non é o día de facer balances nen xuicios. A historia e o tempo falará por nós, mais do que non teño dúbida é de que nesta noite, nas terras do Deza, non dobraran as campás, redobraran.... anque só sexa porque é de ben nacidos ser agradecidos.

Etiquetas: , ,

29/12/2007 00:57 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 4 comentarios.

31/12/2007

SeNSaCióNS...

Contraluz _1

Cámara fotográfica: Olimpus Camedia C-150 2.0 megapixel AF 5 mm 1:2.8

Autora do traballo: Iria Fernández .

Non pensedes que xa cambiei de cámara, gustaríame pero desta coido que non vai ser.

As fotos e a cámara son da minha filla. Unha artista e deportista con moita progresión e con máis futuro que o pai. A minha cámara está en Madrid para unha limpeza profunda das súas entrañas.

A sensación que teño nestas vacacións é de vacio. Teño conmigo ao meu fillo, a minha filla, a minha compañeira...pero fáltame a cámara de fotos. Levántome con dores de cabeza, non teño fame, estou cabreado todo o día e non quero ir a ningún lado. Unha cousa moi rara...

 

Menos mal que os meus o entenden pero ás veces aínda me parece que se burlan da min, pois onte escoitei como lle dicía a minha compañeira a Iria "dille ao teu pai que non sexa hipocondriaco ". O que me dixo a cativa non ten transcrición, pero bueno...

Contraluz_2

Etiquetas: ,

31/12/2007 10:38 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Contrastes Hay 7 comentarios.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]