Se muestran los artículos pertenecientes a Mayo de 2007.

01/05/2007

aRRouTaDaS Da MeDiaNoiTe...

DSC03235

O mundo está cheo de pequenas alegrías; O arte consiste en saber percibilas... Li Tai Po

O arte de disfrutar traballando debe ser a chave da porta da felicidade. Do contrario o pan non sabe a nada...dijo eu tamén
01/05/2007 02:09 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: aRRouTaDaS Hay 3 comentarios.

02/05/2007

CueSTioNaRio PRouST

 

IMG_6127-<br /></a></p><p style=

 

 

 

Cuestionario Proust

 

Recollendo o testigo de NINSESABE imos practicar un pouco de exhibicionismo anque coido, que son dos que xa vou deixando un anaco de carne en cada arroutada...polo que xa moitos terán o negativo do meu retrato.

 

 

O principal rasgo do meu carácter?

Eu destacaría, falando de positividade, a minha docilidade, sensibilidade,… por outro lado son bastante choromicas…ás veces un pouco carpideira, esta a dicir a minha compañeira.

A calidade que prefiro nun home?

A bondade en todo o seu contexto

A calidade que desexo nunha muller?

As mesmas do home e algunhas máis...jeje

O que máis aprecio nos meus amigos?

A transparencia, fidelidade e compromiso

O meu principal defecto?

Non saber escoitar ás veces…desta, non ímos preguntarlle nada a minha compañeira, non sexa o diaño que me chafe o día.

A miña ocupación preferida?

A fotografía con diferencia. Tamén practico a xardiñería do testo…

O meu soño de dicha?

A minha veciña…jeje. En serio, que baixen tódolos deuses a terra, os uns e os outros, e que entre todos arranxen este desaguisado. E tamén que os homes se entreguen con máis vehemencia ao mundo da filantropía

Cal sería a miña maior desgraza?

Uff…neste momento sería non poder axudar aos meus fillos

Que quixera ser?

Un virus benigno que se contaxiara entre os humanos a unha velocidade de trescentos bicos por minutos

Onde desexaría vivir?

No campo, nunca casa antiga e restaurada, con agricultura biológica e moito tempo libre para disfrutar dos amigos, da familia…

A cor que prefiro?

Unha cor cálida e tenue, calquera...

A flor que prefiro?

Se teño que decidir unha sería a camelia pero tamén pola fermosura da sua árvore. Calquer flor me parece bonita, desde a do toxo ata esas pequenas margaridas que medran polos carreiros da minha aldea

O paxaro que prefiro?

A paloma da paz, non teño dúbidas. Agora, do paxaro que máis me acordarei será sempre daquel corvo negro que lle comía o porral a minha avoa cando eu neno

Os meus autores preferidos en prosa?

Ata os vinte e tantos foron os clásicos, Herman Hesse, Charles Dickens, Oscar Wilde, Dostoievki, Alan Poe…(Gracias a un mestre que se chamaba Murillo). E despois dunha epoca onde ler se tornaba espeso chegou o intre da literatura galega,.. Manuel Rivas, Suso de Toro, Neira Vilas,Vázquez Pintor, Uxia Casal…Pero tampouco son dos que vou devorando libros, dous ou tres ao ano.

Os meus poetas preferidos?

Charles Baudelaire, Alfonsina Storni, Fernando Pessoa, Rosalia de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Carvalho Calero…

Os meus heroes de ficción?

Non teño…

As miñas heroínas de ficción?

Carrapuchiña vermella...

Os meus compositores preferidos?

Cantautores como Pedro Guerra, Silvio Rodríguez, Pablo Milanes, Aute,..

Os meus pintores predilectos?

DEZA POWER…jeje. Laxeiro, Sucasas, Lamazares, Paco Lareo, Armindo Salgueiro, Colmeiro, Álvaro Negro, Paio, Guillermo Aymerich…

Os meus heroes da vida real?

Aquela xente que altruistamente traballa en prol dos demais.

As miñas heroínas históricas?

Esas mulleres galegas do rural que traballaban de sol a sol…

Os meus nomes favoritos?

Uxio e Iria…

Que detesto máis que nada?

A falsedade, o egoismo, a injusticia…

Que caracteres históricos desprezo máis?

A violación dos dereitos humanos, a escasa solidaridade antre povos e a pouca sensibilidad co medio ambente

Que feito militar admiro máis?

Pois nas labores humanitarias, no caso dunha catástrofe natural…

Que reforma admiro máis?

Todas aquelas que nos fagan máis libres e ditosos

Que dons naturais quixeras ter?

Gustaríame posuir algún máis sobrenatural pero posto a elixir quédome co don das artes.

Como me gustaría morrer?

Ía dicir consciente e sereo pero ninguén o vai a crer, asique direi…soñando coa eterna primaveira da vida.

Estado presente do meu espírito?

On-line… :-)

Feitos que me inspiran máis indulxencia?

Os povos castrados polos sistemas autoritarios, a xente que morre de fame, a xente que sofre da violencia de xénero, o abuso sexual e explotación dos nenos…

O meu lema?

Ben podera resumirse nesta frase...Vive e deixa vivir

 

 

Etiquetas: , ,

02/05/2007 11:50 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home Hay 13 comentarios.

06/05/2007

a ReCePCióN DoS SeNTiDoS...

A recepción dos sentidos
É de noite e fai frio. Ao lexos percibes unha luz. Achégaste a casa e ves unha chimenea acendida e a unha parella bailando a través dunha ventá,
pero non escoitas a música
Así, deste xeito chegou alguén a facer unha definición do que era a fotografía. Non lembro quen...pero paréceme subliminal.

Etiquetas: , ,

06/05/2007 11:51 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Contrastes Hay 5 comentarios.

09/05/2007

SeNTiR é ViViR...

A Palma 217-1
Se fose candidato a alcaldía nestas eleccións contaríalle ao meu povo un conto...que había unha vez un povo con grandes alamedas con rosas, camelias e moitas fontes onde a xente paseaba e os rapaces brincaban pola tarde...un povo con prazas e árvores onde a xente se sentaba e parolaba das suas cousas, sen presas, con acougo...
Que había unha vez, fai moito tempo, un povo onde ser feliz non era un conto...

Etiquetas: ,

09/05/2007 11:23 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 10 comentarios.

15/05/2007

Espacios estacionais

IMG_5839-1
Todo comenza cando un home se achega a elas, ese é comenzo. Sen iso non hai nada. O primeiro é o achegarse e o contacto. Un corpo toca o outro. O tocamento. Logo ven o penetrar, mais eso é parte do tocamento. Sen contacto non hai nada, non nace nada. Todo empeza co tocamento, os corpos separados non procrean. Non se multiplican... (anacos das reflexións dun home sen nome, Suso de Toro)

Etiquetas: , ,

15/05/2007 11:02 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: PHoTo FRiDaY Hay 11 comentarios.

18/05/2007

TeMPoS Há...

eu_1
Ás veces non entendo onde foi parar a paixón daquel rapaz que un día, non fai moito, devecía por facer realidade tantos e tantos soños.
Acabo de recibir esta foto minha e non podedes imaxinarvos o cobertor da minha pel....
¡Uff...mi madriña,! ¡maldito o día no que eu tamén troquei facer todo por non facer nada!

Etiquetas: ,

18/05/2007 11:52 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ollares Do Tempo Hay 6 comentarios.

22/05/2007

VaCa...cións

Sosego
Uns cantos compromisos manteranme apartado deste blog uns días. Do 25 de Xuño ata o 16 de Xullo montarei o meu acampamento en Dorvisou e aproveitarei para facer novas fotos e coñecer como sempre un pouco máis a terra e se cadra, tamén a algún dos meu queridos blogueiros. Mentras teño que organizar duas exposicións, unha aquí en Arona e outra na Fundación A Solaina de Piloño nas actividades da próxima forxa literaria. Actividades que intentarei dar a coñecer tan pronto como sexan cerradas as listas de participantes deste ano. O que teño claro é que seguirei husmeando un pouco o que facedes pero tamén teño a necesidade de desconectar deste recuncho para facer outras cousas. Cousas como darse un refrescante baño polas mañans para liberar as ideas. As minhas xornadas de traballo son certamente esgotadoras e o desorden que me rodea, coido que ben merece a pena atallalo antes de que me governe.
Bicos e apertas incondicionais para todos.

Etiquetas: , ,

22/05/2007 10:04 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Contrastes Hay 11 comentarios.




DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]