Facebook Twitter Google +1     Admin

Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2007.

o SaNTo PaCo

o santo Paco
Sacando a pasear o santo que levo dentro cheguei a determinación de roubar o banco de España para repartir o bote convosco. E que a modernidade sen santos reais, sen milagres e sen mitos viventes é un pouco aburrida, non si?
-

Etiquetas: , ,

05/10/2007 11:38 dorvisou #enlace. aRRouTaDaS Hay 10 comentarios.

O GRaNDe BuFFeT

No CaBo Da HoRTa
Wholesome in PHoToFRiDaY

A amistade e a felicidade non precisan de grandes banquetes. Tamén podemos atopalas compartindo un bocadillo de sardiñas cun amigo á sombra, no cabo da horta.

Etiquetas: ,

EsTaMPaS MaRiÑeiRAS

veleiro_2


Kruzenshtern">
veleiro


Russian barquiñas
Quero ser um marinheiro , sulcar o azul do mar
vaguear de porto em porto até um dia me cansar... (Rui Veloso)
Pois aínda disfrutarei uns días máis destas velas estampas. Ata o día 19 o veleiro Kruzenshtern, xunto do buque Academik Sergey Vavilov, fondearan na bahía dos Cristianos. Un, que xa estaba acostumado só a ollar a chegada dos caiucos, ten agora a oportunidade de deleitarse
con estas portentosas chalanas rusas.
O veleiro Kruzenshtern e o segundo máis grande do mundo, mide 114 metros de eslora, os seus mastros miden 51.3 metros de altura e leva uns 179 persoas a bordo. A súa misión e grabar secuencias e localizacións exteriores para unha película de talla internacional.
Esperemos que sexa do agrado do noso amigo e crítico cinéfilo Pawley . Beleza nas estampas non lle ha de faltar, vamos... pensou eu.


Etiquetas: , , , ,

09/10/2007 12:33 dorvisou #enlace. Contrastes Hay 7 comentarios.

a PoNTe De ReMeSQuiDe

IMG_2262

Alguén debería pidirlle a Xunta que restaurase a vella ponte de Remesquide para pasealos recordos daqueles Domingos pola tarde.
Nada que ver coas obras dos enxeñeiros do ave, o seu mentor foi o Canteiro de Santomé. Ese home que chamaba polo seu nome a todos menos a Fraga, que lle dicía Don Manuel.

Etiquetas: , ,

ReMeSQuiDe II

IMG_2260
Faltaba este treito da ponte para completar o post :-)
A vella ponte de táboas xa só é un vestixio do pasado.

Etiquetas: , ,

ReaL LiFe

Real life
ReaL LiFe in PHOTOFRIDAY
***
Madrit non me deixou indiferente. Só cometín un erro, non se pode querer ollar Madrit de Día e Madrit de noite en catro días.
Non podemos pasar do Buda do mar ao museo do prado en catro horas. Corremos o risco de confundila bacanal de Tiziano cos saraos da Bermudez ou da Berrocal.

Etiquetas: , ,

14/10/2007 12:24 dorvisou #enlace. Contrastes No hay comentarios. Comentar.

To Be oR NoT To Be

os@
¡Ois tío, que non é un oso, é unha osa!
- E a min que
Chulapos

Etiquetas: , ,

16/10/2007 01:32 dorvisou #enlace. Contrastes Hay 1 comentario.

FoToXeNia CaSTiZa

arte na rúa
De Madrid quédome co parque do retiro , coa súa oferta cultural e tamén, como non, coa robaliza salvaxe do Portonovo :-)
fotos Madrid 176

Etiquetas: , ,

16/10/2007 02:00 dorvisou #enlace. Contrastes Hay 9 comentarios.

PiNTa o Teu PoVo...

Compostela, aldea sagrada

 


Pinta o teu povo e serás universal (León Tolstoi)

Etiquetas: , ,

20/10/2007 21:20 dorvisou #enlace. Ecce Home Hay 5 comentarios.

aRTeS e oFiCioS

Lorena
Ás veces gustaríame colgar fotos dos meus fillos, da minha compañeira, dos meus amigos... Fotos que me gustan pero négome a facelo para non violalos seus dereitos á privacidade e intimidade.
Máis hoxe, sen pedir permiso a interesada, colgo esta foto. A importancia do documento coido que é de interés xeral, polo que espero que non se enfade nen chame ao seu abogado:-)
Por certo a ver como anda de agudeza visual a minha xente e sabe dicirme de que "oficio" se trata?

Etiquetas: , ,

FiLLoaS á PeDRa Na SoLaiNA

clausura 069

Podía ser un papel, unha tea, unha pel... pero é unha filloa á pedra. A rapaza do arco recibiu unha maxistral clase do decano do centro de estudios da filloa de Merza, D. Xosé Molina, na Solaina de Piloño , con motivo da clausura da VIII Forxa literaria. Unha proba que superou con matrícula e que non esquecerá mentras viva.

Peke, cáseque acertas, tamén é certo que tiraches para todos os lados sen mirar :-)

Ah, e non deixedes de botarlle unha ollada a estes dous post do sempre douto Manuel Gago en Capítulo Cero. San Salvador de Camanzo e A Solaina de Piloño .

¡AGGGGG.....QUE ATAQUE DE MORRIÑA ME ESTÁ ATACANDO!

Etiquetas: , ,

O PaRaiSo Do Meu PRiMo...

o PaRaiSo

Eu tamén teño un primo...

Un primo que tamén sabe moito.

Cando alguén lle pregunta se vai chover, mira para o ceu e di :" como siga así, non ho..."

 

Etiquetas: ,

30/10/2007 12:43 dorvisou #enlace. aRRouTaDaS Hay 14 comentarios.




DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras y los Premios Bitácoras.com 2012 (medio oficial RTVE.es)

Contrato Coloriuris