Blogia
DoRViSou

TaNaJaRa
Viños Canarios

Tanajara 2005

ZooM

TANAJARA 2005

O 70% da uva que se cultiva en Canarias é listán blanco, un 25% listán negro e nese resto dun 5% podemos contar ata un cento de variedades. Esto da unha idea do problema canario para intentar facer novos caldos. O caracter minifundista, aparte das súas tamén ancestrales prácticas na agricultura non axudan a pensar nun futuro doado para alcanzar maiores momentos de gloria. Mais tamén quero suliñar que hai persoas capacitadas traballando e acadando uns resultados notables.

Hoxe quero compartir con todos o soño de catar este Tanajara 2005 da Illa do Hierro, e digo soño cando me gustaría decir realidade. Terei que levarme unhas botellas cando me vaia a terra, porque ninguén dos meus amigos se decide a facerme unha visita :-)

Bueno, pois nese 5% temos unha uva que se chama baboso negro e do que as bodegas Tananjara do Hierro coa participación de bodegas Viñatigo da guancha, tenerife, consiguen un viño tinto que nos invita a reflexión, de que merece a pena levar a cabo esa recuperación de uvas auctótonas para seguir soñando con un futuro máis ilusionante. Parece ser que os romanos lle chamaban a esta uva "la enriscada" porque non chegaban a elas, ás veces tan só as cabras eran quenes superar os atrancos de barrancos ou peñascos. A falta de filoxera favoreceu que se conservaran tantas variedades de uvas através do tempo.

O TANAJARA 2005 é un viño pobre en sensación olorosas pero recupera alegría na boca, corto en nariz e largo en boca, para ser máis claro. Aceptables taninos, fruta madura e no que, Como cáse en todos os viños tintos canarios, a orografía volcánica da illa deixa boa identidade.


¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

3 comentarios

ruben guedes -

exelente el vijariego y baboso negro 2004, pero el resto.... pesimo

Paco Penas -

Quere dicir que a cogorza non lle deixar ir adiante, non? :-)
Moitos bicos, peke.

peke -

Creo que é a primeira vez que leo algo sobre un viño canario. Tampouco é tan raro, vaia, porque nisto dos viños eu vou a remolque de B.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres