Blogia
DoRViSou

La NiÑa... de Paco Penas

Foto 1

ZooM

Aproveitando o espazo en branco que me presenta hoxe este post e tamén a coyuntura socio-política do momento quero presentarvos a minha nena

Un nena que naceu en Galiza e que "vive como galega" en Canarias, como tantos outros nenos. Ten uns pais bastante "normales" con traballo e tamén ten unha casa para rematar de pagar a hipoteca cando quede orfa.

A minha nena vai a un colexio bilingüe para que fale con máis naturalidade outros idiomas, para que sexa disciplinada e ordenada nas súas tarefas , para que sexa educada e non maltrate aos os seus pais cando sexan vellos e como non, tamén para ser respectuosa co medio e non andar a patadas co mobiliario urbano.

Cando sexa maior quere estudar unha carreira para pasearse con minifalda e fachenda polas portas dos distintos organismos na procura dun traballo . A rapaza está orgullosa de ter unha baby-sister de Finlandia, uns veciños gay, uns arxentinos e outros ingleses. Non fixo aínda a primeira comuñon pero tanto da...porque xoga ao baloncesto e ao tenis que nindiola...

Grazas a Rajoi por darme a oportunidade de presentar en sociedade a familia, onte foi o meu primo. e hoxe a minha nena... espero que siga moitos anos na oposición para falar tamén dun cento de primos , do outro neno e da minha compañeira.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

11 comentarios

paxariña -

Querido Paco eres cojonudo, eu diria o mellor do mundo, que Deus che conserve esa CACHOLIÑA que tés, queroche, bicos para esa fermosa LADY, e unha aperta para ti.SIGUE TRABALLANDO, BUENISMO O DA TUA NENA, que oportuno.

Beatriz -

pero hai que ver que cousas ten esta canarias...
parabéns pola moza.
e un bico, paco

Paco Penas -

Un millón de jracias a todos por tanto aloumiño. Eu tamén vos quero.

paideleo -

Que siga adiante a moza mande quen mande.

Chousa da Alcandra -

Moi bo e moi no momento! Quedouche que nindiola
(E moi feita a mociña. Un bico para ela!)

O Raposo -

Moi riquiña a rapaza. E polo que leo con moito sentido común.

thirthe -

unha nena de verdad, lista e guapa, preciosa que é a tú a filla, e nada que ver con esa cursilada de nena de rajoi.

(como me gusta o de nindiola, xa había tempo que non o escoitaba)

Manuel Busto -

Paco, es cojonudo. ¡Como me gustou esta disertación! Por oportuna, por sincera, por galega.

Suso Lista -

Moi bo. Xa podían tomar nota eses rexistradores "Galegos"

peke -

Estase convertendo en toda unha moza. Non te esquezas do babeiro, Paquiño. ;)

pepe penas -

Facendo "oposicion" chegou a rexistrador. Que estea moitos anos onde está...a ver se algún día exerce de galego...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres