Blogia
DoRViSou

O Día aNTeS...

IMG_3406

ZooM

O home é conscente de que nace sen o seu consentimento e morre en contra da súa vontade... Erich Fromm

 

Fai pouco máis dun mes, preguntáballe a minha nai como afrontaba a viaxe a Tenerife despois da catástrofe de Madrid e contestoume toda chea de razón

-" Bueno ho, eu vouche ben tranquila que morrer, mórrechese só unha vez…"

¡E menos mal, quedei eu cismando…

Tamén é verdade que, a certas idades, xa escomenza un a ter a sensación de que se vai morrendo un pouco cada día ao espertar.

E agora, despois dun mes ausente deste recuncho, ímos intentar darlle candea ao meme "do día antes" que ven sendo o mesmo que " o derradeiro día", que chegou vía Pedriño

1. ¿Que canción me gustaría escoitar ?

Negra Sombra, interpretada pola banda de Pontelesma ou de Vilatuxe na carballeira do Corpiño. Eso si, deitado peito arriba para irme xa perderme antre a ramaxe dos carballos.

2.¿A que libro lle botaría unha ollada ?

Pois, como me propuxen lela antes de morrer e van alá dous intentos en vao, anque sexa só botarlle unha ollada , a Divina Comedia de Dante.

3. ¿Con quen me gustaría falar ?

Falar falar, non sei... pero bicos e abrazos de agradecemento moitos daría...

4. ¿ Que me gustaría comer?

Gustaríame comer sopas de cabalo cansado, como as que comía meu avó,Penas o grande de Dorviou, pero feitas con Dalmau

5.¿Que faría e que me quedaría pendente por facer?

Eu faría un bon seguro de vida e atracaría catro ou cinco bancos ( si catro ou cinco, porque cos tempos que corren...)

E en canto as cousas que quedararían por facer, pois tendo en conta que son as 23:20 da noite, quedaríame a cidade da cultura de Gaias sen rematar :-)

Este meme fíxome reflexionar sobor da xente con enfermidades incurables e que teñen que afrontar a vida con ese sentir. Para esa xente, si que non hai un día sin importancia.

 

 

 

 

 

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

8 comentarios

Paco Penas -

Bueno, pois como aínda non morrín xa falaremos de sociedades delictivas e esas cousas. Nunca pensei que houbera tanta xente con tan boa predisposición para estas cousas.¡Menudo país!

eMi -

Pues parece que algunos viven de soñar -por lo visto sólo tú te ves atracando bancos, jajaja- y ¿no es esa otra manera de morirse pronto?

peke -

Ti de atracador?????? Veña, ho, non me fagas rir.

beatriz -

a túa nai si que é sabia, si. aproveitar tenerife cando hai bo tempo. eu estouche por cangas, tamén desafiando ás leis de spanair, e por certo, ou ben se nota a crise ou o medo, porque o avión non estaba atestado como adoitaba (o directo tenerife-vigo)

Chousa da Alcandra -

Non sei moi ben se entendín o que che dixo Busto sobre que "mentras non se da acabado o Gaiás, dache unha aperta para ilo ...tirando???". Homeeee, non fagades iso, que vos poden meter na cadea e despois xa non tedes opción de atracar bancos.
Para eso último, apúntame a min tamén ;-)

Unha aperta

Carlos Sousa -

A divina comedia, mama!, me parece que te vas a quedar no terceiro intento.
O dos bancos hai que darse presa, antes de que creben.

O Raposo -

si necesitas algun compinche para o de atracar bancos apúntame, que sempre devecin por facer eso desde que vin a peli de Bonnie & Clyde.
Os beneficios a partes iguais, eh!

Manuel Busto -

Pois fixécheme reflexionar e rir un cacho, pois non te vexo a ti roubando eses catro bancos. E si que sería unha pena morrer sen ver o Gaiás rematado.
Namentres non chegue ese derradeiro día, vaia a miña aperta para axudarche a ir tirando.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres