Blogia
DoRViSou

O CoÑaZo de...


IMG_0409

ZooM

¿Crise? ¿Que crise?, o que hai é moito vicio... espetoulle hoxe pola mañán un xubilado a outro, na praza dos Cristianos, nesa profunda análise que fan cada mañán da realidade social.

E a verdade é que, case podo sacar máis conclusións do retroceso económico escoitando falar a xente na rúa que escoitando falar aos políticos ou mesmo aos analistas do mundo. Xa facía moito tempo que a clase obreira se decatara de que algo cheiraba mal e non cadraban as contas . No fondo, a sensibilidade do pobre nunca está tan contaminada como a do rico e os seus instintos pola supervivencia sempre se adiantan aos acontecementos que nos meten polos ollos nos telexornais.

Hai crise, sempre houbo crise. Hoxe falamos de crise económica pero non podemos esquencer que xa fai moito que hai unha grande crise de ideas.

Eu mesmo, dende que atopei esta frase de Ortega y Gasset, xa non penso, só me deixo levar...

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

2 comentarios

Paco Penas -

E tampouco isto que nos pasa nos vai facer reflexionar e moito menos aprender. Como pouco, enfermar.
Pero tamén é certo que sanidade xa apurou a vixilancia da saude mental, tan só nos queda esperar que a loucura non aniñe neles primeiro porque daquelas imos aviados, meu.

Chousa da Alcandra -

Se vivise en tempos de Ortega diríalle: Xusto Pepiño!!!

Algo se atisbaba, pero andabamos todos cos ollos pechados para non sosfrir máis deslumbramentos. Agardaremos a que o ostiazo sexa somente nos fuciños e non dañe órganos vitais...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres