Blogia
DoRViSou

Eu TaMéN SoN uN iNoCeNTe...

Santos inocentes

Xa non aguanto máis, a noticia ten que estár ben artellada para que resulte creible pero ao final hay que desenmascarala para que sexa unha inocentada e non quede en mentira. É certo que fixemos dous cortos no taller de cine, mais de aí a ser seleccionada para un certamen de cortometraxes hai un bo treito. Se algún día sucede algo así, non teño dúbida de que as minhas primeiras palabras, serán para todos vos.

Sintoo moito, ao mellor hai xente que non volverá a deixar un comentario, e digoo por Ana e os Alarcón, para un día que te decides a deixar un comentario... ¡Vaia día escolliches Anita!

Bicos e apertas para todos.

Festival St. Cruz-1

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

7 comentarios

Ninsesabe -

Pois non piquei de puta casualidade. Lin a entrada moi tarde e logo dixen, bueno, xa comentarei outro día...
¡Que cabrón!

Carlos Sousa -

Entro xa un pouco tarde, pero o que está claro é que sentido do humor non che falta. Metécheslla a todos, eu caería seguro.

O festival de Cannes, igual no, pero nunha aldea de Porriño celébrase o Festival de Cans (debido o nome da aldea). En vez de cine proxéctanse cortos da terra, e en vez de limusinas a xente vai a sesión en chimpín.

Bueno, que teñades sorte.

caladinha -

hehe, andaba eu pensando ese día que os medios estaban tranquilos demais, q había ser cousa de que era domingo e mira por onde veu caer. Pero as curtas existen, non si? Pois déixanos opinar polo menos a ver se merecían ese premio ou non.

uxio -

jajajaja muy bueno papa...xDD

Paco Penas -

jajaja... o que se vai mexar son eu, pero de risa , jajaja.

Chousa da Alcandra -

Sabes o que quixen dicir onte sobre esta foto?. Que o tipo que está á esquerda de todo (o da chupa de coiro) parece que se mexou; e quixen preguntarche se era do teu equipo e a "fuga" a tivera co gusto!!!. Omitín o comentario por non empañar un premio de tanta alcurnia.

(Chousa o Inocente)

Chousa da Alcandra -

Piquei coma un chino! (non sei se os chinos pican, que nunca vin ningún enganchado no sedel) jajajaja.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres