Blogia
DoRViSou

RaMóN DoMíNGueZ ...

 

Ramón Domínguez e un ser vivo feito de carne e poesía.  A súa música é unha paisaxe de palabras con arrecendos a compromiso e ilusión por construir sempre un mundo feliz... onde para crecer, non faga falta facerse maior senón que chega con facerse mellor.

O Venres, posiblemente nun dos lugares onde é máis feliz cantando, no bar "El Faro" do seu amigo Carlos e xunto ca súa banda, fíxonos disfrutar unha vez máis dese poeta, músico e neno grande que leva dentro.

Bravo, bravísimo, Mon...

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

8 comentarios

Paco Penas -

Feliz ano a todos...
Unha terrible resaca postvacacional anda turrando do meu ser dun lado para outro, non teño acougo, mirarei de asentar un pouco e compartir cos meus amigos.
Grazas polas visitas.

Manuel L. Rodrigues -

fermoso si... máis que músico-poeta; cantautor non?
Semella como se esta última palabra tivese connotacións negativas, que ninguén a quere empregar...

Un saúdo

paideleo -

Como me engañaches co premio do corto pero, bueno, podía ser posible.
Tranqui que sigo comentando.

Marinha de Allegue -

De carne e poesía envolto en música, fascinoume...

Beijos Paco.

Feliz 2009 para ti.
:)

pepe penas -

Que teñas un bo ano 2009... e tamén que sexan bos os que veñan despois.
Unha aperta

paideleo -

Feliz 2009.

Paco Penas -

Todos os "músicos poetas" se merecen os nosos máis sonoros aplausos. Están feitos doutro material...

O Raposo -

Fermosas e sentidas verbas para un músico-poeta que sen dúbida as merece.
Apertas.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres