Escribía fai uns días nun comentario que podía entender aos paisanos que venderon as terras, que podía entender as xentes que as compraron, pero que tamén era certo que nunca entender tanto, me valera de tan pouco.
Sigo ordenando os meus arquivos de fotos e deixo aquí duas estampas de PORTODEMOUROS. Dúas imaxes que reflexan en boa parte o meu cabreo por mor deste atentado paisaxístico mentras a moza FENOSA enamora, coquetea e fode, nestes días, con D. Dinero.
¿ Onde está ese canon reparador da desfeita?
Non deixen de sorprenderse co contraste destas imaxes con estas outras
Neste pasado mes de Xullo no centro comercial do Corte Inglés da cidade Compostela celebrouse unha semana temática adicada ao concello de Lalín. A moda, a arte, a ciencia e a gastronomía estiveron presentes no evento baixo a tutela de Florentino, Laxeiro, Wily, R. María Aller Ulloa e José Luis Iglesias do restaurante Cabanas. Conferencias a cargo do profesor Docobo (área de astronomia e Astrofísica de USC e director do Observatorio Ramón Aller) e do pintor Antón Lamazares
Unha das cousas que máis reclamaba da atención da xente foron estes porquiños pintados por Fondevila, Armindo Salgueiro e Paco Lareo. Coido que aínda había algún máis pero non dei chegado a eles, os gardas de seguridade do centro non me deixaban sacar fotos pero eu, erre que erre, fun transgredindo as normas... ata chegar ao restaurante e dar boa conta dun cocido de Lalín.
...Xa o dixo o alcalde Xosé Crespo, "o noso é a dieta Atlántica, os que comemos cocido duramos máis "
A fotografía non deixa de ser un paseo polos camiños da memoria, mesmo moitos momentos vividos rematarían no caixón do olvido se non fose pola súa testemuña. Eu, que sempre tiven a necesidade de fotografalo todo, disfruto moito agora revolvendo no baúl dos recordos.
Tamén é certo que outras veces son coma unha vara de medilo tempo.
Eiquí , vos deixo un bon exemplo da evolución do homen Sapiens.
Tamboríl, gaitas e bombo para poñer orden ao ruído. Coido que daquelas as únicas escalas musicales coas que compoñían, eran as que o sentido da percepción lles otorgaban.
E aquí temos o cambio xeneracional da música en Dorvisou. O cativo é fillo dun artista de Dorvisou e dun xeito maxistral amenizou a sesión vermouth, sin vermouth...da romería das Dores de Dorvisou.
Como ben diría Xurxo Souto " Foi unha longuísima sesión de música e emocións que excitou de certo, todos os revirinchos do noso corpo"
O santuario da nosa señora do Corpiño erixiuse con licencia do Vaticano nunha pequena república onde á conta dos parvos coma min, sanean as maltreitas contas da igrexa.
Eu non fun ao Corpiño empurrado pola minha empanada mental. Non, eu sempre vou ao Corpiño seducido polo morbo que me dan as festas onde se mestura o pagá e o cristiá, a curiosidade e a devoción, a música é a procesión, o pulpo e o churrasco...
Deseguida se dou conta delo o famoso cura do lugar porque cando entrei na igrexa, as nove da manán, colgando do peito a minha cámara de fotos, apuntou ben clariño e alto "que aquelo era un lugar de culto e rezo e que por iso, os curiosos estarían mellor fora". Un pouco máis tarde, aproveitando da omnipresente garda civíl, intentou intimidarme ao pedirme polo baixiño que deixara de seguir disparando.
Aquel desmedido interés cara á minha persoa escomenzou a intranquilizarme, e moito máis despois de escoitar nunha taberna do lado, que ata os cans máis ruíns fuxían cando avistaban ao cura
Díxo o meu amigo Manolo de Turces, despois de visitar o centro de finanzas da nosa señora do meigallo, ¿ non coñeces o timo da estampita?, pois eiquí, no Corpiño, parece que o teñen legalizado . Ti daslle un puñado de maravidis e eles unha estampiña...
Coido que xa o dixen en algunha ocasión, na minha cabeceira teño sempre un caderno amarelo para mergullarme no trasteiro dos humanos. Salvador Pániker é un tipo raro. Un home que nos seus diarios sempre nos deixa a idea de que o mundo está cheo de moitas máis cousas do que o noso cerebro pode chegar a entender. Un cerebro que só é capaz de discenir certos coñecementos a partires de uns valores iniciais de supervivencia e quedando fora do noso entendemento un infinito campo escuro.
Eu non sei que pensar...menos mal que isto aclaroume moitas cousas porque xa estaba pensando que o meu cerebro estaba á monte.
Cando alguén, postulado en certas crenzas relixiosas, atina a autodenominarse crente non quere dicir que os outros non o sexamos nen creamos en nada. Nun estado laico non podemos ser menos que tolerantes e respectuosos con todo aquelo que se move ao noso arredor. Por todo iso, gustaríame deixar claro que apesares da frivolidade coa que tratei este tema do santuario do Corpiño quero ser moi respectuoso cos devotos do santuario..
No meu caso, pásame o mesmo que co plan de xubilación, como non o teño claro, prefiro telo conxelado :-)
Aclarado este tema e despois de traballar hoxe catorce horas sen recreo mesmo estou pensando en facerme beato, pero do santo Job :-)
Unha das cousas que máis boto en falta na minha vida é unha experiencia relixiosa, porque aquelas tardes das catequesis dos Domingos, non deixaron de ser un preludio das ultimas tardes con Teresa. Os primeiros escarceos amorosos, os primeiros pitos de fume, os paseos na lambreta pola Piñor abaixo... e sobor de todo, aquela desgarradora e tentadora sensación de transgredir a "graza de Deus" detrás das rapazas,despois de confesarse os primeiros venres de cada mes.
Agora, que xa choveu de carallo, só me importa a espiritualidade da carne... que como lin nun blog fai uns días," Deus non precisa de intermediarios", que cando quere falar comigo, baixa ao cabo da horta e aprétame as carabillas.
Se tivese que elexir tres cousas para irme a unha ilha deserta, a primeira sería unha botella de Dalmau
A segunda sería unha moneca hinchable ¿e por que?, pois para falar con ela...
Non, é unha broma, as monecas hinchables non falan. Levariaa só por unha cuestión de tipo fisiolóxico e do máis egocéntrico. ¿ ...ou acaso, beben viño as monecas hinchables?
E a terceira cousa, sería a minha cámara de fotos.