Blogia
DoRViSou

QueiXo ReSeRVa SPeCiaL
...das terras do Deza
.

DSC01367

ZooM

Xa fai uns días, dende ao pé do farelo, chegou até as Ilhas Canarias un queixo curado, froito do meme das larpeiradas. E como nos recordaba  nun post o gourmet de Provincias e mailo seu can gastrónomo, non está mal o queixo só pero mellor sempre aconpañado dun chourizo do país.

Agradecido quedo  pois,  a este señor blogueiro das terras da Golada, espero ter a oportunidade de coñecelo no vindeiro verán para compartir un anaquiño de sombra e falar do governo.

E tamén decirlle a Mer, que non se desespere, que teña paciencia, que se o camiño de Santiago non acaba conmigo, acabaremos nós coa colleita do 2008 das mesmas adegas Castro Valdés :-)

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

4 comentarios

Zeltia -

Seguro que xa, a dia de hoxe, non queda nada do queixo! (imaxino que debeu ser moi especial recibilo)
Que o disfrutedes! Eu tamén son da Comarca do Deza, e eses queixiños foron dos primeiros que probei!)

mer -

ummm... qué boa pinta

non me desespero aínda que espero con inquedanza... a ver quén conduce despois de acabar con esa colleita de viño ¿?
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

Paco Penas -

Este é unha reserva especial e limitada. Unha delicatessen dos tempos nos que reinaba na comarca do Deza Doña Urraca e nos que se enfrentaba ao arzobispo Xelmirez :-)
Eu xa coñecía estes manxares porque minha curaba algúns no bufarro.

Barreira -

Carallo. Eso son palabras maiores. A través da imaxe percibense os olores procedentes de tales manxares. E digo eu, ¿nas Illas non se secarán moito esas "delicatessen"?.
Saudos
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres