Blogia
DoRViSou

ReFLeXióNS
...dun armadanza criado no ocaso do arado romano

DSC01421

ZooM

¿Que estás escoitando?

Nada. O silenzo.

¡Oxalá fósemos tan iluminados como para escoitar o silenzo! Pero somos só homes e nin tansiquera sabemos escoitar os nosos propios murmullos.

(Paulo coelho, en conversas con Petrus, no peregrino de Compostela)

Levo un tempo disfrutando moito da natureza, nun principio falaba con ela, pero agora decateime que a  verdadeira comunicación é posible máis alá das palabras. A comunión está en chegar a sentir, sen máis e sen menos...

As palabras sempre nos limitan.

(Paco Penas de Dorvisou, nos exercicios da vida)

 

DSC01447-1

ZooM

 

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

4 comentarios

Paco Penas -

Barreira, ás veces, en plena natureza, o máis grande que nos pode pasar o ser humano é non pensar en nada. Calquer vago pensamento en ZP ou na ministra de igualdad, pode levarnos a unha traxedía en pleno paraiso, jajaja

O´Marcos, As naiciñas, o que nunca deben perder é a esperanza de recuperar un fillo ex-tra-vi-a-do :-)

Peke, encántame deixarme ir, non podo controlar nada do que se move ao meu carón, andar, andar e andar... cara a ningures. O problema é case sempre cando me decato de que teño que volver, jeje ( a minha compañeira xa está cansada de ir a buscarme)
Un bico a todos.

peke -

Dicía Kavafis que cando non hai nada que dicir cómpre escoitar o silencio. Creo que ante a Natureza, pouco hai que dicir a maioría das veces.

O ´Marcos -

Paco, Paco, Paquito. jajajajaja Se o meu che parece raro, xa lle direi a miña nai que se pase por eiqui, e lle vote unha ollada a o Rebirajanchus Canariensis, ou a o queixo reserva especial ou a o Santo manolo no cumio da madalen. Seguro que a miña nai vai andar mais desnorteada do que anda co este fillo tan fermosos que ten. " E tan boiño"

Barreira -

É dificil sentir a natureza. Pero cando o conquires o tempo non parece transcurrir. Sinteste mais libre que nunca. A única liberdade ven de abrir os brazos todo o que podes, encher os pulmóns de aire fresco e admirar o paso do tempo coa sensación de que non pasa.
Imaxes preciosas.
Saudos.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres