No camiño de Santiago, posiblemente non atope eu esa espada que me convirta en maestro RAM, pero do que estou seguro, é de que na minha vida, vai haber un antes e un despois... o mesmo que lle sucedeu a Paulo Coello.
O camiño de Santiago, nese primeiro treito por terras galegas, non deixa de ser a minha primeira experiencia, mais manteño a esperanza de completar o camiño por estapas nos vindeiros anos. Nun principio tiña a idea de facelo na compaña de Uxio, mais ao final contaremos co guía espirual que aparece na cabeceira deste blog, que ao xeito de Petrús, irá reconfortando o noso propio coñecemento coa sua longa experiencia, poi coido que vai ser a terceira vez que pisa o mesmo carreiro.
... E para os meus amigos, prometo fotos, fotos, moitas fotos.
"Emprende a viaxe a Ítaca, pero demórate o máis que poidas. Fai moitas escalas, tendo sempre presente a túa illa, a que estás buscando. Ó final chegas a Ítaca e ¿ que vas descubrir? Que a verdade Ítaca era a viaxe... (HOMERO)
Non volvo, e que nunca me fun. Non podo vivir sen o Blogomillo. Pecho a ventá e fáltame o aire...
¡Oxalá fósemos tan iluminados como para escoitar o silenzo! Pero somos só homes e nin tansiquera sabemos escoitar os nosos propios murmullos.
(Paulo coelho, en conversas con Petrus, no peregrino de Compostela)
Levo un tempo disfrutando moito da natureza, nun principio falaba con ela, pero agora decateime que a verdadeira comunicación é posible máis alá das palabras. A comunión está en chegar a sentir, sen máis e sen menos...
Nesta visita a un tempLo lembramos con encanto aquela sorpresa que nos levamos na Ribeira Sacra. Coido que foi no monasterio de Santa Cristina de Ribas do Sil, en plena natureza de castaños e carballos. Entramos e deixándonos levar polas sensacións de sosego que nos transmitía aquel remanso de paz, encaramos sen perder detalle ata o altar maior, e de súpeto unhas notas celestiales de flauta sonaron como se fosen os propios anxos de pedra que nos recibían con certa pleitesía.
Pasiño a pasiño, aínda sorprendidos, fomos achegándonos ao fondo e cal non sería a nosa sorpresa, ao atopar alí nun recuncho un mozo tocando con maestría e á espera da nosa xenerosidade divina.
Gústanme estes espazos, para reflexionar, para sentir...ou mesmo para tomar o fresco.