Blogia
DoRViSou

aRRouTaDaS

MeuS ViCioS PeQueNoS...

Señor ten piedad...

As MeNiNaS...

DSC01156

ZooM

De Velazquez, xa falaron moitos críticos... eu teño que botar unha sesta para tentar recuperar ese bicho que levo dentro. As minhas xornadas de traballo, aínda en crise, son "marianas".

DSC01154

ZooM

Coa Crus ao lombo...

Crucificados

ZooM

Non seremos os salvadores do mundo, pero que quede claro que tampouco somos dos que lle plantamos lume...

 

ZPatero

IMG_4768

ZooM

Está claro que un blog precisa de continuidade para manterse vivo, aparte de certo criterio para transmitir ondas de ledicia polo espazo. No meu caso chamaríalle transmisións afectivas porque desde esta cova e con esta chola tampouco se pode abrir o cancelo do intelecto a ninguén. Como moito roubarlle un sorriso a alguén, que tampouco é unha vagatela :-)

Facer rir é un acto dos máis xenerosos na terra anque sempre corra un o rísco de facer o parvo.

Sexa como sexa, eu hoxe só quería falar de política pero como minha quere ir outra vez a praia, deixovos a foto e voume con ela. De política e do goberno, sempre se pode falar mañá...

 

IMG_4767

ZooM

 

 

CRiSe...

IMG_5599

ZooM

Onte pola mañá, quedei parvo ao escoitar decir a un xubilado:

-Ois, en tempos de crise chegaban ben o alcalde, o cura e a garda civil

E despois dunha lixeira reflexión, contestoulle outro:

Si, tes razón. O alcalde para mandar, a garda civil para "executar" e o cura para enterrar.

Esto sucedeu, na praza dos Cristianos, unha praza na que aínda confluen dúas rúas que levan por nome "General Franco".

Pobre meu amiguiño Marco de Forzáns que vende alí, nos cantís do hotel Reverón os cupóns da ONCE e ten que facer moitas veces de moderador destos debates políticos á pé de rúa.

¡Vivir para ver e escoitar para botar a correr, ás veces...!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PeSaDeLo

 

IMG_0059

 

Esta noite espertei cando fuxía do lume.

E agora, teño medo, aínda cheira a churrasco.

 

aRRouTaDaS

Santeria

Zoom

Hai xente que non se da conta de que todo esto é un enredo para chegar tarde a verdadeira comuñón...

eN BuSCa e CaPTuRa...

policialocal

 

En busca e captura está o noso amigo Pepe Penas de Dorvisou que xa fai unha boa tempada que non revule pola Costa Dos Arrieiros. Desde que cobra dos fondos do estado e non pega golpe xa non aparece nen a tomarlle uns viños cos amigos pola taberna de Baldomero. As últimas novas que se teñen del é que lle roubou o coche os policias que o intentaron deter. Dixeron uns testigos que os policias lle berraron !Alto, maos arriba, queda vostede detido! e o Pepiño, aproveitou ao erguer os brazos para apuntar ao ceu e decirlle ¡ mirade, mirade, cantos paspallás voando!.... e aproveitandose da inocencia dos gardames, ata hoxe.

 

Moitas grazas, Pepe, pola foto. Calquer día tuneo o meu FIAT PuNTo co nome de DoRViSou.

 

 

 

EsTaMPaS RuRaLiTaS

IMG_0658

Se non se queixa a terra cando lle esnaquizan un río ou un monte, nen se queixa a terra cando cando lle esfolan a tona e lle rouban os diamantes... tampouco me vou a queixar eu.

¿Que pasou?...pois que fun ao dentista e dixenlle que quería facer unha limpeza de boca

e o home rematou por quitarme tódolos dentes.

Dixo que era a mellor limpeza das posibles.

Agora toca esperar, aprender a comer, a rir, a falar, a calar...

A reconstrución será unha tarefa longa e custosa, implante de oso, tornillos de titanio, e os dentes pedireille ao doutore, que xa postos, sexan de granito "rosa porriño". Din os entendidos que son os mellores para atacarlle ao churrasco.

 

O PaRaiSo Do Meu PRiMo...

o PaRaiSo

Eu tamén teño un primo...

Un primo que tamén sabe moito.

Cando alguén lle pregunta se vai chover, mira para o ceu e di :" como siga así, non ho..."

 

o SaNTo PaCo

o santo Paco
Sacando a pasear o santo que levo dentro cheguei a determinación de roubar o banco de España para repartir o bote convosco. E que a modernidade sen santos reais, sen milagres e sen mitos viventes é un pouco aburrida, non si?
-

VeRáN 2007

jeje

¿DONDE ESTÁ WALLY ?

aRRouTaDaS Da MeDiaNoiTe...

DSC03235

O mundo está cheo de pequenas alegrías; O arte consiste en saber percibilas... Li Tai Po

O arte de disfrutar traballando debe ser a chave da porta da felicidade. Do contrario o pan non sabe a nada...dijo eu tamén

MúSiCa...MaeSTRo

Peligro de extinción

Se de verdade, eres das que pensan que o tamaño importa, podes vela foto en grande...

Estos días veño ollando en diferentes blogs unha invitación para falar daquelas cinco cancións máis axeitadas para facer o amor.
Pois ben, eu tamén quixera deixar testemuña das minhas preferencias, anque son dos que penso que non hai millor música para acompañar dito "trajín", que os propios xemidos do goce. ... o tic tac dos vellos reloxios de parede, o renxer das camas ou mesmo aqueles xergóns de carochas dos nosos avós tampouco debían desentonar de todo...
Eu teñoo feito tamén sen música...para non despertar aos que estaban na cama do lado. Do que me arrepinto moito é de non telo feito con música heavy, cando era máis mozo. Tamén hai unha música moito máis intimista,  é esa  melodía que soa debaixo da tapa do peito cando remata a festa.
Agora, con música ou sen música...dalle candela.

DéCiMo PRiMeiRo MaNDaMeNTo...

A Palma 245
"Non esjaravellarás os dentes co pau da crus"

aRRouTaDa...Sideral


center>
Ao sol
De verdade, que poucas cousas poden chegar a foder tanto como que alguén che desperte para preguntar se estabas dormido....

CHuPa... CHuS

<center>CHuPa... CHuS</center>
¡Que como se chama a muller do inventor do chupa-CHUS está claro...!

Se BeBeS NoN BeBaS...

<center>Se BeBeS NoN BeBaS...</center>

Se bebes nen conduzca-lo tractor nen vaias botalo millo xamais...

Hoxe, confeso en público, que onte volvin a beber.

Non sei canto mais sei ben  con quén.

Queda xustificada tanta loucura nas letras desta canción " Non todo o que é borracho é polo gusto de selo, só Deus coñece a alma que palpita en cada ebrio...(Tango de Carlos Gardel)

¡Lastima que non lle poda prometer a minha nai nunca máis volvelo a facer!

)

Eu...PaSaBa PoR aQuí

<center>Eu...PaSaBa PoR aQuí</center>
"Non penses que che espío,
non chego a ser tan ruin;
é unha parvada que ti creas
que quero pillarte nun desliz"(Luis Eduardo Aute)

Eu...PaSaBa PoR aQuí

<center>Eu...PaSaBa PoR aQuí</center>
"Non penses que che espío,
non chego a ser tan ruin;
é unha parvada que ti creas
que quero pillarte nun desliz"(Luis Eduardo Aute)