O SaNTo MaNoLo No CuMe Da MaDaNeLa...
Despois duns días noutras berzas non cabe máis peito que disculparse polo abandono desta humilde cova. Un cambio na minha rutina do día a día fíxome baixar os biorritmos e ata pensar na posibilidade de pechar durante uns meses o blog para adicar o tempo a outras actividades. Tempo para postear sempre teño, pero onde realmente se me vai media vida é nesa peregrinaxe de blog en blog... a outra media vida váiseme traballando :-)
E agora, que madrugo para camiñar cada día pola fresca para ir preparando ese treito do camiño de Santiago dende o Cebreiro, non podo quedarme polas noites neste recuncho vicioso. De tódolos xeitos tentarei exprimir aínda mellor o tempo para non deixar de facer isto que me gusta e quero.
Por certo, hoxe deixo a foto inteira da cabeceira, o meu irmao da alma, Manolo de Turces no cume da Madanela, empapándose de terra e néboa. Ao fondo, máis que un río, un encoro... O Ulla culebreándose antre Circes e Ollares, Touro e Vila de Cruces, A Coruña e Pontevedra.