Blogia
DoRViSou

CURRICULUM VITAE

<center>CURRICULUM VITAE</center>
"Os rapaces da aldea somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temos a pobreza e os trafegos da terra aniñados nos ollos...Neira Vilas


Nacin nunha aldea que se chama DORVISOU.
Unha aldea chea de fontes, muiños, corrupas e corrupiñas.
Unha aldea na que, cando sae o sol, aínda rechouchían os paxariños.
Cando eu nacin o mundo xa estaba feito,
xiraba sempre do mesmo xeito
e pouco puden facer por cambealo.
Neto de caseiros, fillo de emigrantes...
En Dorvisou non había nenos progres
nen hoxendía hai executivos con garabata.
Síntome un armadanza criado no ocaso do arado romano.

4 comentarios

dorvisou -

en Salvador de Couzadoiro, concello de Ortigueira, non si?, dorfun. Ter unha aldea é un previlexio de deuses...

dorfun -

A miña aldea chámase Braelle

http://dorfun.webcindario.com/dorfun.png

dorvisou -

jaja...
Fíxate nas mans ortopédicas que consigueu implantarme o meu fillo.
A cariña que levo na foto da pena, debía de ter moito frio ou fame.

peke -

Supoño que o raparigo da foto es ti. Tes unha cariña de bo...