Blogia
DoRViSou

O Pintor De Dorvisou

<center>O Pintor De Dorvisou</center>
Fai dous anos estiven na casa do pintor con unha tía del que vive en Santiago Estivemos falando del e ollando un amplo arquivo fotográfico do seu tempo. Pouco sei da sua obra, só que na casa hai algún cadro del e que a maior parte da sua obra reside en Madrid e na Habana. Falamos este pasado vran Paco Lareo e máis eu de facer un seguimento das súas andanzas e oxalá podamos contar coa colaboración tamén de Pepe Penas, con quen xa teño ganas de compartir un tempo real con el e coñecelo físicamente, xa que a nosa relación escomenzou no google. ¿ non si, Pepiño?

8 comentarios

Ana de Mato-Duxame -

Vexo que estos comentarios son antiguos e non sei se continuades a seguilos. O fillo de Manuel do Pintor e da Sra Ramona, Maximino, era afillado de meus abos. Pregunteille a miña nai por este señor e me dixo que era tio do Sr Manuel e que lle deixou a erencia (se ve que non tiña fillos) e que pintou a capilla de Cedelle, en larazo, pero non se lembra si foi a antigua ou a actual.

mercedes -

esta páxina está moi ben!canto máis leo máis me gusta! imaxínome q pilar debes ser a nai de maría, de colmeiro.É moi bonito encontrar cousas da terra na rede. saúdos,eu son mercedes, filla de Celsa de Torres e Ramón de Seixo

pilar -

¡Noraboa polo traballo que estás a facer! Non é a primeira vez que entro nesta páxina. ¡Encántame!. Hoxe ensineilla a milla filla e quedou abraiada.
Non sabía quen eras, hoxe topei unha foto de cando eras neno e decateime rapidamente. Gracias por todo o que estás a facer, comparto contigo un sentimento semellante pola terra que tamén a min me víu nacer.
Este mundo da rede é maravilloso, permítenos compartir cousas que sendo veciños non temos tempo nin ocasión de contarnos.

pppnas -

Con esto que me dis agora empezo a estar algo despistado,eu pensaba que viña
sendo o pai de Manuel Penas Sueiro, penso que se chamaba asi,o pai de Maximino; pero polos apelidos que me das non me saen as contas. A casa do Pintor era, e ainda segue sendo, pero non sei que parestenco tiña con os que eu coñecicin. Quen o ha de saber e a túa nai.
Eu tiven un compañeiro de traballo que ten algo que ver coa familia que dis ti, de Merza. Vou ver si o chamo, e preguntolle si ten idea que haia algún cuadro de Manuel. Xa che direi si pescudo algo.

dorvisou -

O pintor de DORVISOU chamábase Manuel lorenzo Brocos ou Brocos Lorenzo, non estou seguro.
Este home quedou orfo os catorce anos e marchou para Cuba. Da súa andaina por aquelas terras non sei moitas cousas, só que frecuentaba moito o centro galego da Habana e toda a súa obra está por aqueles quedou por esos lares. Na Habana parece ser que hai unha igrexa que se chama a das Mercedes e ainda se conserva os murais. Tamén hai en Merza (Vila de Cruces) unha casa que pode gardar algunha mostra do seu talento. É a casa dos Santaló e xa que o amigo Pepe Penas me encendeu o ánimo seguirei investigando no tema.

xisbe -

Cómo se chama?

dorvisou -

Ramona ten unha filla que se chama Carmen e vive en Madrid. Esa Carmen coa que vive en Santiago é a sua nora, viuva de Maximino que xunto a outra Carmen son padriños dun irmán meu. Do parentesco de Ramona co pintor consultareino mañá coa minha mamaiña.

pepe penas -

Ti estiveches , case seguro, falando coa nora, que lle chaman Ramona do pintor, ou coa sua neta que lle chaman Carmen.viven en Santiago, e a Ramona ainda ven a ser tía dun primo meu de Xosdedo.