Blogia
DoRViSou

¿SuPeRMaN ou TaRZaN?

<center>¿SuPeRMaN ou TaRZaN?</center>
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quen o entenderá, Señor...! (Rosalía de Castro, Follas Novas)

Confeso que xamais cheguei alí, que no rexistro da minha memoria non hai presenza física do home nen da sua obra...
Confeso que estou arrepentido de non habelo feito. Ao mellor, como sempre, non fun conscente da fugacidade e caducidade do tempo. Agora, cando vaia só poderei sentilo pulo do seu esprito no eterno gris do ceu, no libre voo das gueivotas ou nas indomables olas que acarician co seu manto ás tristes rocas.

Un loco pintor de caracolas e escultor de soños, do que non se sabe ben se primeiro se enamorou dunha muller galega ou dun cachiño da nosa terra.
Falar de este home é falar de libertade, amor, desamor, arte, natureza, vida e traxedia. (sempre tendo en conta de que a realidade da vida das persoas ou mesmo das cousas, pode verse vulnerada pola maxinación creadora ou a iñoranza de quen á trata)
Si, porque hoxe leo nos xornais que dous anos despois da sua morte, ás ilustres institucións políticas do noso país declaran que xa ten casa. Sí, casa e terra... ¿Tan difícil será que alguén non recoñeza os méritos acadados en vida?. Non sei, ao mellor como somos todos uns envidiosos é para non facer un desagravio o resto dos vivos é preferible facelo cando se morre. Vamos, como estos pobriños nunca se queixan.

¡Sen máis pistas que xa abonda coa foto, eh!

5 comentarios

dorvisou -

Si, é Man, o aleman de Camelle. De tódolos xeitos nada ten que ver esa foto co Man destas fotos
Sempre tiven a idea de ir a velo mentras viveu e nunca fun. Agora, síntome culpable.
A PEKE só lle faltou un dos científicos máis célebre do Deza que foi o matemático de Bermés, que xunto do aviador Joaquín Loriga e o astrónomo Ramón María Aller foron tres persoeiros do máis importante da comarca do Deza no século pasado.
Bicos e apertas.

muralla -

¿ Non é o home de Camelle, o que morreu de pena ca traxedia do Prestige?
Unha aperta. Muralla.

peke -

¡Grazas, Pepe Penas! Armo un verdadeiro follón cos nomes e profesións; son un auténtico perigo.
E si, parécese más a Man.

pepe penas -

Coido que pode ser Man..non o sabía,pero como ti ben dis a mellor pista está na foto. Por outra banda o aviador de Lalín ¿non era Xaquín Lóriga?.. e Dn. Ramón Aller ¿non era astrónomo?

peke -

NOn estou nada segura, pero ¿ten que ver co aviador Aller de Lalín?, ese cuxo fillo morreu en Nicaragua axudando?