Blogia
DoRViSou

O VaTiCaNo GaLeGo...

IMG_0637

ZooM

O santuario da nosa señora do Corpiño erixiuse con licencia do Vaticano nunha pequena república onde á conta dos parvos coma min, sanean as maltreitas contas da igrexa.

Eu non fun ao Corpiño empurrado pola minha empanada mental. Non, eu sempre vou ao Corpiño seducido polo morbo que me dan as festas onde se mestura o pagá e o cristiá, a curiosidade e a devoción, a música é a procesión, o pulpo e o churrasco...

Deseguida se dou conta delo o famoso cura do lugar porque cando entrei na igrexa, as nove da manán, colgando do peito a minha cámara de fotos, apuntou ben clariño e alto "que aquelo era un lugar de culto e rezo e que por iso, os curiosos estarían mellor fora". Un pouco máis tarde, aproveitando da omnipresente garda civíl, intentou intimidarme ao pedirme polo baixiño que deixara de seguir disparando.

Aquel desmedido interés cara á minha persoa escomenzou a intranquilizarme, e moito máis despois de escoitar nunha taberna do lado, que ata os cans máis ruíns fuxían cando avistaban ao cura

Continuará...

IMG_0727

ZooM

3 comentarios

Pedro -

Em Praga, na República Tcheca, há uma igreja que guarda o túmulo de Tycho Brahe. Também não deixam fotografar nada ... mas a razão é mais econômica do que moral: eles vendem postais da tal igreja, incluindo, claro, o túmulo.
:)

Paco Penas -

Todo canto rodea este santuario non deixa de ser chocante. Este ano, xunto dun amigo e o meu fillo fomos as oito da mañán, queríamos empaparnos da maxia do lugar e a verdade que disfrutei da "festa".

caladinha -

Tenhoche unha irma que casou po Corpinho e xa acumulamos unhas cantas anecdotas do cura na familia. Non sempre foi asi, disque dende que colleu o santuario cambiou, os cartos, xa se sabe... A relacion da familia con el empezou antes, cando meu pai era radio aficcionado e o cura tamen, baixo o nome de 'Zoina', que dicia el que significaba 'cura' no latin dos canteiros. Lembro escoitalo na pequena emisora de meu pai cantando 'llevo tu retrato en la cartera cerca del corazon' e meu pai ria e diciame 'eche un cura quen canta isto'. Fixeronse bos amigos, meu pai e el, a traves das actividades do Radio Club de Silleda. De feito, por esta amistade, foi el quen fixo a comunion de minha irma e non o cura da parroquia. Agora, cando tocou casala xa mudaran as cousas e non lembraba nada daqueles anos nin de nos e foi unha historia case de extorsion para que lles amanhase os papeis para o casamento... En fin...
En canto a visita ao santuario, ese mesmo morbo polo que ti dis visitalo unido a un sentimento de atoparnos ante os ultimos vestixios dun mundo que se desfai, estanos levando a un grupo de xente a ir cada ano o dia da romeria, ainda que este ano non puidemos. Do ano pasado e esta reflexion dun meu companheiro e as fotos de outro http://trapobana.blogsome.com/2007/06/27/a-companha/
http://picasaweb.google.es/agiraldezsoage/RomariaCorpinhoJunho2007 Por sorte, o cura non nos ceibou os cans nesa ocasion.