Autor: dorvisou
O triste son aqueles corpos que xamais amaron. Alguén dixo tamén que eses corpos son os primeiros que apodrecen.
Fecha: 23/07/2004 03:27.

Autor: Brocco
A laboura social da prostitución, nin máis nin menos.
De acordo con Xisbe. Unha liña moi fina separa o amor do odio, demasiado.
Fecha: 23/07/2004 04:16.
Autor: dorvisou
A liña é moi fraxil porque nós a rompemos con demasiada asiduidade. A liña que separa unha cousa da outra pode ser a grande indiferencia que dalgún xeito xa nos limita dabondo os humanos.
Fecha: 23/07/2004 12:25.

Autor: peke
Insisto no que dixen antes: ¿Que clase de amor é ese que se pode converter en odio? Interesado, en todo caso, porque o amor de verdade non cae no oposto.
Fecha: 23/07/2004 13:30.
Autor: dorvisou
Tería que contestarlle o amigo de Xisbe, Peke.
Eu non sei, pero tampouco se pode idealiza-lo amor tanto. Ese amor tan puro e casto do que nos fala vostede, semellase ao amor material que teñen algunhas persoas polas cousas, unha casa, un coche...jeje
Decía Carvalho Calero nuns versos " tanto se amavam, que se atormentavam por calquer cousa...mas sen taxa se amavam ambos, e nengum dos dous podía ser feliz"
O amor conleva tamén as suas doses de sofremento. Eu para definilo diría que máis que un bolero é un fado ou mesmo un tango.
Tampouco me poña moito tino porque non lle son un "cardiólogo" do amor.
Amo sen perguntar e nada máis.
Fecha: 24/07/2004 11:37.

Autor: xisbe
Di un refrán español:"quién bien te quiere te hará llorar"
Estamos fartos de ver e ouvir casos de violencia de género na que unha das partes non soporta o desamor da outra. Xa sei que non é a esto ao que se refere o refrán nin o que eu quixen expresar. O meu, e tal vez me expliquei mal, ia por outro camiño: para odiar hai que coñecer/querer ao outro. Despois de todo so era unha frase feita, pero o 'amor doentío', existe.
Fecha: 24/07/2004 18:40.

Autor: peke
Seino, Xisbe, pero non por frecuente hai que consideralo normal ou san. Amar a outro implica desexar o mellor para el -e de aí non me movo-, por iso cústame comprender que, se o amas así, o fagas sufrir.
Pero non me faga moito caso; debo de ser unha das poucas afortunadas que vive o amor que sempre soñou.
Fecha: 24/07/2004 21:04.