Si... un, dous... probando
Eiquí o meu diario on-line que non le ninguén, o meu caderno de aprendiz, a minha letanía do neno que non morre...seguirei posteando para min.
Eiquí o meu diario on-line que non le ninguén, o meu caderno de aprendiz, a minha letanía do neno que non morre...seguirei posteando para min.
Xa o dixo Pessoa, que todas as criaturas que escribian cartas de amor eran ridículas... pero referíase, penso eu, aos máis xóvenes, aos que escriben só co corazón e sen cabeza.
Querida naiciña:
hoxe é o teu primeiro día co novo "contakilómetros". Nuns días xa estarás en Dorvisou para bater a marca dos cen metros que é o que hai dende a eira ata o cabo da Horta.
Tamén desexo que recuperes decontado eses folgos para voar a Tenerife e voltar a pasear pola praia das vistas, e como non, para bañarte anque sexa agarrada da minha man ou da corda que sirve de amarre para lanchiñas de pedales. E que conste, unha vez máis, que cando che pedin que soltaras os pes, non te quixen afogar. Só quería que sentiras a libertadade do corpo no espazo, o mesmo que fan astronautas na lúa, que flotaras..., pero ti erre que erre só pensabas en bucear, jeje
¡Ai, e aquela señora venezolana..! volverá a soñar con amorosos romances doutras primaveiras cando non vexa outra vez pasear agarrados da man e con aloumiños. Foi unha pena que lle contaras que eu non era o teu marido, ¡ boba, así ela rabeaba e ti presumías...!
Bueno, mamá, teño moitas cousas para contarche que ti aínda non sabes pero xa teño que ir a traballar. Contareichas outro día, nunha lareira a luz dun candil de aceite das sardiñas, ou se queres polo facebook...
¡conéctate muller!
O luns fixen arredor dos quince kms cargando unha mochila de nove kilos e as sensacións non son moi boas. Sen mochila, as baixadas son proporcionales as subidas pero coa mochila ao lombo os kms parece que teñen máis de mil metros. Coa mochila a resistencia aerodinámica é maior, gañas en aderência ao chan pero botas de menos o kers, jeje
Mais aínda así, quero confiar que o camiño de Santiago sexa o mellor entrenamento para o propio camiño.
Bueno, ao final, como todos, un vai a camiñar, a disfrutar da natureza, sen esperar grandes milagros pero sempre coa esperanza de ver unha luz que che sirva de guía, que che de forzas para chegar a Compostela e dar grazas ao patrón.
Xa contarei...
Sendo eu un cativo, cando minha nai vendía ben os repolos na feira do catro e compraba plátanos, xa soñaba con vivir en Canarias :-)
Exodos, algo máis que un libro de fotografías. Sebastiâo Salgado, algo máis que un fotógrafo....
Como di Eduardo Galeano "El é un artista: un home que ve e vendo axúdanos a ver. Nesta monumental obra de arte, Salgado descubre e revela o mundo do fin do milenio: velaquí esta gran odisea do noso tempo, esta viaxe con máis náufragos que navegantes». Eduardo Galeano.
Gracias, amigos de Caixanova por este agasallo, unha xoia que coidarei con mimos.
(Aquela persoa que non se conmova con este grande documental do mestre, será que está feito do mesmo material que Risto Meijide)
Taberneiro: e a onde vas?
Rod Cameron: quen sabe !
Taberneiro: Un bonito lugar, coñézoo !
Rod Cameron : pois eu aínda non, paisano. (Do filme A Dona Da Fronteira)
Non é doado atopar tan poucas palabras que resuman tan ben a minha alma de taberneiro.
Falei xa hai un tempo desas estranhas sensación que teño de haber estado paseando algunha vez polos xardíns de Versalles, navegando nunha góndola polos canales de Venecia ou mesmo sentado no rísco dun penedo nos fiordos noruegos.
Ser Taberneiro é un privilexio. Os taberneiros, somos polo xeral, xente de grande sabedoria popular e amplos coñecementos de cultura xeral. Os taberneiros antes de abrir as portas do local repasamos a cotización da bolsa, política internacional e últimas novidades no mundo do deporte. As nosas primeiras interlocucións son tímidas e vacilantes, pero ao longo da mañán xa van tomando consistencia e credibilidade para rematar, pola tarde sendo do máis convincente.
O taberneiro sempre canta a mesma canción, só cambia o estribillo, porque sabe que non hai dous clientes que se parezan. Un chega e pide unha cervexa, acende un pitillo e baixa a mirada para perderse antre o lixo das colillas e os papeis dos azucarillos, mentras cavila en si mesmo. Outros, chegan, piden un viño e buscan a calor das palabras amigas, por non andar nen tansiquera con eles mesmos.
Os taberneiros somos xente de criterio, sempre falamos de cuestións de estado con políticos, xuices e abogados. De sanidade con doutores e especialistas, da violencia de xénero cos taxistas e de putas cos proxenetas...
Do que non falamos case nunca, eso si, por non ter con quen facelo é do medio ambente.
No mundo da hostelería, a relación co cliente vai sempre un pouco máis alá do clásico protocolo. O escenario é un negocio como moitos outros, pero a situación persoal do cliente é case sempre moito máis relaxante e cómoda que noutras actividades.
Aínda así, tamén se dan moitas anédoctas onde os malos xeitos e situacións tensas están a fror da pel. Pero hoxe só quero falar da gratitude, desa xente que día a día viven empeñados en demostrarche, xesto a xesto, palabra a palabra, que son amigos denantes que clientes.
E son eses amigos, que comen e pagan o que comen, quen tamén pagan os estudos dos meus fillos. Amigos que me pagan a hipoteca e mesmo enchen a nevera. Amigos, que aínda todo lles parece pouco e deixan propina.
Meus amigos...
Ao amigo Enrique Beotas, por cargar como un burro *(1), por ser home de palabra e por demostrarlle ao mundo que se pode ser galego aínda nacendo en Avila.
*1(Iso é o que fixo fai un días cando chegou ao meu restaurante cos dous últimos exemplares de Galicia, Sexta Provincia)
Paco Penas, Enrique Beotas y Jushef...
DECEPCIONADO, e non porque fose a votar máis xente da que pensaba. DECEPCIONADO, por ese coto privado no que se está a convertir o noso mapa político, onde sempre están os mesmos, onde non hai caras novas que alimenten a nosa esperanza. DECEPCIONADO, porque nen xuntándose catro gatos, somos capaces de sacar dous deputados...
E ao final, DECEPCIONADO, porque tristemente vai ser certo o que dixo algún político "cómpre que desaparezan as culturas nacionais, obstáculo para a integración harmoniosa da humanidade..."
¡Hai que foderse!.
Ao monte, meus... que non nos queda outra
¡Saúde e terra!
Posiblemente ninguén os chamen para representar a España no festival de eurovisión, pero tampouco lles importa moito, nin eurovisión, nin tansiquera España.
Viven na Maraconesia, nun archipiélago, son canarios....
"Se hai tanta comida, por que hai bebes que choran
e por que se somos tantos, moita xente segue soa"
( Nach )
Nesta visita a un tempLo lembramos con encanto aquela sorpresa que nos levamos na Ribeira Sacra. Coido que foi no monasterio de Santa Cristina de Ribas do Sil, en plena natureza de castaños e carballos. Entramos e deixándonos levar polas sensacións de sosego que nos transmitía aquel remanso de paz, encaramos sen perder detalle ata o altar maior, e de súpeto unhas notas celestiales de flauta sonaron como se fosen os propios anxos de pedra que nos recibían con certa pleitesía.
Pasiño a pasiño, aínda sorprendidos, fomos achegándonos ao fondo e cal non sería a nosa sorpresa, ao atopar alí nun recuncho un mozo tocando con maestría e á espera da nosa xenerosidade divina.
Gústanme estes espazos, para reflexionar, para sentir...ou mesmo para tomar o fresco.
Tres segundos sin pensar en NADA
en SILENZO,
na OSCURIDADE.
debe ser a cousa máis parecida a morte ... para un ATEO.
Fotos sacadas o luns pola mañán, sen trípode e baixo os efectos do síndrome de abstinencía...
¿Que estás escoitando?
Nada. O silenzo.
¡Oxalá fósemos tan iluminados como para escoitar o silenzo! Pero somos só homes e nin tansiquera sabemos escoitar os nosos propios murmullos.
(Paulo coelho, en conversas con Petrus, no peregrino de Compostela)
Levo un tempo disfrutando moito da natureza, nun principio falaba con ela, pero agora decateime que a verdadeira comunicación é posible máis alá das palabras. A comunión está en chegar a sentir, sen máis e sen menos...
As palabras sempre nos limitan.
(Paco Penas de Dorvisou, nos exercicios da vida)
"Emprende a viaxe a Ítaca, pero demórate o máis que poidas. Fai moitas escalas, tendo sempre presente a túa illa, a que estás buscando. Ó final chegas a Ítaca e ¿ que vas descubrir? Que a verdade Ítaca era a viaxe... (HOMERO)
Non volvo, e que nunca me fun. Non podo vivir sen o Blogomillo. Pecho a ventá e fáltame o aire...
Son así, ¿que lle vou a facer...?
No camiño de Santiago, posiblemente non atope eu esa espada que me convirta en maestro RAM, pero do que estou seguro, é de que na minha vida, vai haber un antes e un despois... o mesmo que lle sucedeu a Paulo Coello.
O camiño de Santiago, nese primeiro treito por terras galegas, non deixa de ser a minha primeira experiencia, mais manteño a esperanza de completar o camiño por estapas nos vindeiros anos. Nun principio tiña a idea de facelo na compaña de Uxio, mais ao final contaremos co guía espirual que aparece na cabeceira deste blog, que ao xeito de Petrús, irá reconfortando o noso propio coñecemento coa sua longa experiencia, poi coido que vai ser a terceira vez que pisa o mesmo carreiro.
... E para os meus amigos, prometo fotos, fotos, moitas fotos.
Xa nalgunha outra ocasión celebrara o meu cumpreanos durante un longo tempo. Este ano, abonda con decir que os cumprin o día catro e aínda onte estábamos de festa.
Señor ten piedad...
Este video realizado polo polifacético GRANDE VICTOR GRANDE, e no que participaron a xente de LUCANUS, gañou o segundo premio no concurso de video Xuventude Galiza Net 2009. Unha orixinal idea que polo simple feito de colaborar o meu queridiño UXIO, xa merecía todos os óscars do mundo :-)
Pero, isto non acabou aquí, nun ataque de amor consanguíneo agasellei ao rapaz coa minha cámara de video Sony HDR- SR11E, e como canta Rui Veloso " o prometido sempre é debido".
Agora, mentras tomo o sol, espero.
Xa fai uns días, dende ao pé do farelo, chegou até as Ilhas Canarias un queixo curado, froito do meme das larpeiradas. E como nos recordaba nun post o gourmet de Provincias e mailo seu can gastrónomo, non está mal o queixo só pero mellor sempre aconpañado dun chourizo do país.
Agradecido quedo pois, a este señor blogueiro das terras da Golada, espero ter a oportunidade de coñecelo no vindeiro verán para compartir un anaquiño de sombra e falar do governo.
E tamén decirlle a Mer, que non se desespere, que teña paciencia, que se o camiño de Santiago non acaba conmigo, acabaremos nós coa colleita do 2008 das mesmas adegas Castro Valdés :-)