CaRTaS De aMoR...
Xa o dixo Pessoa, que todas as criaturas que escribian cartas de amor eran ridículas... pero referíase, penso eu, aos máis xóvenes, aos que escriben só co corazón e sen cabeza.
Querida naiciña:
hoxe é o teu primeiro día co novo "contakilómetros". Nuns días xa estarás en Dorvisou para bater a marca dos cen metros que é o que hai dende a eira ata o cabo da Horta.
Tamén desexo que recuperes decontado eses folgos para voar a Tenerife e voltar a pasear pola praia das vistas, e como non, para bañarte anque sexa agarrada da minha man ou da corda que sirve de amarre para lanchiñas de pedales. E que conste, unha vez máis, que cando che pedin que soltaras os pes, non te quixen afogar. Só quería que sentiras a libertadade do corpo no espazo, o mesmo que fan astronautas na lúa, que flotaras..., pero ti erre que erre só pensabas en bucear, jeje
¡Ai, e aquela señora venezolana..! volverá a soñar con amorosos romances doutras primaveiras cando non vexa outra vez pasear agarrados da man e con aloumiños. Foi unha pena que lle contaras que eu non era o teu marido, ¡ boba, así ela rabeaba e ti presumías...!
Bueno, mamá, teño moitas cousas para contarche que ti aínda non sabes pero xa teño que ir a traballar. Contareichas outro día, nunha lareira a luz dun candil de aceite das sardiñas, ou se queres polo facebook...
¡conéctate muller!
10 comentarios
jeans clearance -
http://www.jeansfreeshipping.com/
zeltia -
:-)
neste caso, nin a carta nin a persoa. todo me parece tan tenriño, que quero eu que o meu fillo me escriba unha carta así tamén.
bicos de nai!
paideleo -
Xan -
Xan -
Unha fermosa carta, con letras de amor e ironía.
Marinha de Allegue -
Beijinhossss para @s dous e para a nadadora tamén.
;)
Carlos Sousa -
Pero que millor ca unha conversación man a man, nunha lareira a luz do candil...
Saúdos e que todo vaia ben.
eMi -
Chousa da Alcandra -
(Vese, amigo meu, que a gabanza de ser nai supera por KO técnico á de ter un marido novo).
Onde andarías ti esta temporada?
Barreira -
Saudos.