QueiXo ReSeRVa SPeCiaL...das terras do Deza
.
...das terras do Deza
.Xa fai uns días, dende ao pé do farelo, chegou até as Ilhas Canarias un queixo curado, froito do meme das larpeiradas. E como nos recordaba nun post o gourmet de Provincias e mailo seu can gastrónomo, non está mal o queixo só pero mellor sempre aconpañado dun chourizo do país.
Agradecido quedo pois, a este señor blogueiro das terras da Golada, espero ter a oportunidade de coñecelo no vindeiro verán para compartir un anaquiño de sombra e falar do governo.
E tamén decirlle a Mer, que non se desespere, que teña paciencia, que se o camiño de Santiago non acaba conmigo, acabaremos nós coa colleita do 2008 das mesmas adegas Castro Valdés :-)
4 comentarios
Zeltia -
Que o disfrutedes! Eu tamén son da Comarca do Deza, e eses queixiños foron dos primeiros que probei!)
mer -
non me desespero aínda que espero con inquedanza... a ver quén conduce despois de acabar con esa colleita de viño ¿?
Paco Penas -
Eu xa coñecía estes manxares porque minha curaba algúns no bufarro.
Barreira -
Saudos