CARONTE (o gardián da torre)

torre_conde_2.jpg
Nestas pasadas vacacións fíxenme cunha Olympus modelo camedia C-10 para curiosear, máis que nada, na fotografía dixital e agora despois de percibir a ilusión de algúnha xente do blogomillo xa non atopo acougo. O meu amigo e fotografo Dominguez dime que non faga caso, que o encanto dos 35mm non o atoparei na dixital. Tamén sei que son un bon cliente seu e ten medo de perder eses centos de fotos que revelo cada mes. Xa lle dixen que coide do amigo.
Se alguén ten a ben aconsellar algunha cámara sobor dos catrocentos-quinientos euros que mo diga.
03/08/2004 10:48

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: dorfun

...pois xa que o pides, e como son un deses "ilusosnados", eu recomendaríache unha como a que merquei eu a Canon Powershot A80... se queres máis datos, pídemos ou mándame un correo...

Fecha: 03/08/2004 23:48.


gravatar.com
Autor: xisbe

Utilizo réflex 35mm(Nikon) e non yeño pensado cambiar. De momento a diferencia de calidade é notável. Si está ben a inmediatez da digital,´pero de momento eu esperaría porque a industria está moi interesada na digital.
Vexo que gostas dos cascarilleiros, eu tamén.
saúdos.

Fecha: 03/08/2004 23:50.



Autor: dorvisou

É tan grande a oferta que me vai custar decidirme. Algo así terá que ser, dorfun porque a Canon powershot pro-1 non vai ser.

Xisbe, Unha dixital pode ser un bon complemento a unha reflex de 35mm. Teño unha canon eos 50 e tamén unha pentax mx que terá uns vinte e tantos anos e que aínda o ano pasado lle fixen unha mellora para mimala un pouco polo apego que lle teño as minhas cousas. Pásame o mesmo cos coches vellos...jeje
Xa vos contarei.

Fecha: 04/08/2004 12:18.



Autor: dorvisou

Por certo, ¿que cousa é iso dos cascarilleiros?.
Contigo sempre se aprende algo novo.

Fecha: 04/08/2004 12:20.



Autor: xisbe

Dise dos coruñeses, na postguerra (e até os anos 60) en A Coruña bebíase moito infusión de cascarilla(casca de cacao). Ficoulle-lo nome.

Fecha: 04/08/2004 18:49.



Autor: Vendell

A Pawley vinlle unha Canon A60 de 2mp que é a mesma que teño eu. E dixital, barata, leva pilas das normais e da calidade pra fotiños de 10x15.

Fecha: 04/08/2004 22:05.



Autor: dorvisou

Si vendell. Ademáis puden comprobar que oferece unha moi boa nitidez e calidade de imaxen. O tema dos megapixels non é un problema porque para revelar e ampliar teño outras.
Eu coido que lle escoitei a pawley decir que levaba unha batería recargabel, non sei si se refería as pilas recargabels.
Tomarei nota.

Fecha: 05/08/2004 02:37.



Autor: Martin Pawley

En efecto, eu merquei pilhas recargáveis, que duran mais.

Fecha: 18/08/2004 01:53.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]