
Autor: peke
Fracasos, debilidades, illas, soños, realidade, vontade... Todo forma parte da vida e eu agradezo non perderme nada diso; é o único xeito de crecer de verdade. :)
Fecha: 14/08/2004 15:59.

Autor: caladina
Hoxe voume quedar coa foto, coa persoa, coa personaxe que non sei ben...
Esa postura fixome lembrar moitos verans de cando pequecha, con el de capitan...
Ultimamente non o vin. Vexo varias imaxes confusas, pasando polo contorno da praza da igrexa de lalin, con ese seu andar tan peculiar
Fecha: 14/08/2004 18:40.
Autor: dorvisou
Pois claro que si, peke. Eso é todo o que somos, o que vivimos.
Caladinha: Na foto aparecen Olimpio Arca, Xosé Luna, Damián Payo...
Xa sei que falas de Payo anque non sei se foi profesor teu ou só capitaneaba os campamentos de vran.
Paio é un tremendo dinamizador cultural, sempre anda enfrascado en un monton de actividades lúdico-festivas.Un home interesante.
14/08/2004 19:28:10
Fecha: 14/08/2004 19:32.

Autor: caladinha
Vaites, non reconhecia a Xose Luna, a imaxe visual que tinha del era da foto da columna no Faro.
A imaxe real a das suas publicacions sobre a estrada romanica e sobre todo, O ano das mimosas (moito me ghustou!!!!) e tres ou catro correos que intercambiamos cando lin o librinho das mimosas.
E parece que todo esta vencellado, non deixan de sorprenderme os hipervinculos que ten a vida
Fecha: 14/08/2004 19:39.