
Autor: xisbe
moi púdico e femenino o de 'esconchouse', debía ser femia. Boa lectura e non tardes.
¡ carallo como son os fillos!
Unha aperta
Fecha: 24/08/2004 00:39.
Autor: dorfun
...seguro que o teu fillo o fai polo teu ben ...menos mal que vixian os pais...
(benvido ó mundo-reviravolta)
Fecha: 24/08/2004 14:53.
Autor: Martin Pawley
O seu filho o que quere é que descanse. Aproveite este tempo para ler connosco o "Ulises", companheiro!
Fecha: 28/08/2004 02:05.
Autor: dorvisou
Poucas cousas me enredan tanto nestes intres como os trafegos escolares dos meus nenos. Xa estou desexando que escomence o novo curso para que a vida desta casa volte a rutina. É que con unha cativa de cinco anos e con un bárbaro de dazoito xa vos podedes maxinar que desacougo.
Fecha: 29/08/2004 04:28.
Autor: dorvisou
Pawley: Un só intento debe ser pouco para acometer tan grande empresa. Déixeme ordear catro cousas e falaremos. O Ulises está na cabeceira da cama, calquer noite acóchome con el.
Fecha: 29/08/2004 04:35.

Autor: peke
¿E que? ¿Como vai ese mozo arranxándolle o trebello este? Parece que o toma con calma, ¿non? :)
Fecha: 29/08/2004 14:40.

Autor: peke
Por certo, eu xa empecei con Dedalus, estou no cap. 1º. O que me alarma é que Pawley está moi calado sobre ese tema. ¿Non se botaría para atrás el?
Fecha: 29/08/2004 14:42.
Autor: dorvisou
O rapaz anda moi liado, dende que cumpleu os dazaito non da feito. Até deixou para setembro filosofía e química...jeje.
O maior problema é que o novo curso escolar está a caer e a minha economía vaise resentir polo que moito me temo que o novo ordenador e a cámara dixital van ter que esperar uns días máis. (Como pode ver sonlle un ciudadano do monton)
Fecha: 31/08/2004 01:20.