Autor: pepe penas
Ti estiveches , case seguro, falando coa nora, que lle chaman Ramona do pintor, ou coa sua neta que lle chaman Carmen.viven en Santiago, e a Ramona ainda ven a ser tía dun primo meu de Xosdedo.
Fecha: 13/09/2004 23:15.
Autor: dorvisou
Ramona ten unha filla que se chama Carmen e vive en Madrid. Esa Carmen coa que vive en Santiago é a sua nora, viuva de Maximino que xunto a outra Carmen son padriños dun irmán meu. Do parentesco de Ramona co pintor consultareino mañá coa minha mamaiña.
Fecha: 14/09/2004 01:37.
Autor: dorvisou
O pintor de DORVISOU chamábase Manuel lorenzo Brocos ou Brocos Lorenzo, non estou seguro.
Este home quedou orfo os catorce anos e marchou para Cuba. Da súa andaina por aquelas terras non sei moitas cousas, só que frecuentaba moito o centro galego da Habana e toda a súa obra está por aqueles quedou por esos lares. Na Habana parece ser que hai unha igrexa que se chama a das Mercedes e ainda se conserva os murais. Tamén hai en Merza (Vila de Cruces) unha casa que pode gardar algunha mostra do seu talento. É a casa dos Santaló e xa que o amigo Pepe Penas me encendeu o ánimo seguirei investigando no tema.
Fecha: 15/09/2004 20:11.
Autor: pppnas
Con esto que me dis agora empezo a estar algo despistado,eu pensaba que viña
sendo o pai de Manuel Penas Sueiro, penso que se chamaba asi,o pai de Maximino; pero polos apelidos que me das non me saen as contas. A casa do Pintor era, e ainda segue sendo, pero non sei que parestenco tiña con os que eu coñecicin. Quen o ha de saber e a túa nai.
Eu tiven un compañeiro de traballo que ten algo que ver coa familia que dis ti, de Merza. Vou ver si o chamo, e preguntolle si ten idea que haia algún cuadro de Manuel. Xa che direi si pescudo algo.
Fecha: 16/09/2004 16:26.

Autor: pilar
¡Noraboa polo traballo que estás a facer! Non é a primeira vez que entro nesta páxina. ¡Encántame!. Hoxe ensineilla a milla filla e quedou abraiada.
Non sabía quen eras, hoxe topei unha foto de cando eras neno e decateime rapidamente. Gracias por todo o que estás a facer, comparto contigo un sentimento semellante pola terra que tamén a min me víu nacer.
Este mundo da rede é maravilloso, permítenos compartir cousas que sendo veciños non temos tempo nin ocasión de contarnos.
Fecha: 22/03/2005 02:25.

Autor: mercedes
esta páxina está moi ben!canto máis leo máis me gusta! imaxínome q pilar debes ser a nai de maría, de colmeiro.É moi bonito encontrar cousas da terra na rede. saúdos,eu son mercedes, filla de Celsa de Torres e Ramón de Seixo
Fecha: 20/04/2005 14:29.