Autor: pppnas
Ata non sei se sería na misma discoteca..foi un argentino a quitar a bailar a unha moza, disque era guapa, e dixolle: vos quereis bailar con nos?. e logo..vos cantos sodes? dixolle moza mirando arredor.
Fecha: 23/09/2004 23:58.
Autor: dorvisou
Pois ao mellor tamén foi ese arxentino ó que lle dixo: "que bonitos ojos tienes muñeca" ¿e sabes o que lle contestou a rapaza?
....O que importa é ter saude. jajaja
Fecha: 24/09/2004 01:59.

Autor: peke
¡En fin! Homes... (santa paciencia).
Se entro a saco, dirán que son borde; se quedo calada, Dorvisou pensará que as mullers non dicimos nin chío cando el solta unha das súas "boutades". ¿Cal será a mellor postura? Quizais unha preguntiña sen importancia: ¿vostedes miráronse o careto algunha vez? ;)
Fecha: 24/09/2004 17:11.
Autor: dorvisou
Peke: Fíxese ben no que lle vou decir. Se non fose pola súa complicidade esta bitácora non esistiria. Asi que, berre canto queira que as súas palabras non ás leva o vento.
Eu non son machista anque a minha crianza fose un caldo de cultivo para elo. Quizais sexa o meu sentido do humor que me traiciona ás veces.
Eu recoñezo que teño moito que agradecer a minha compañeira que foi quen se encargou de ir limando certas asperezas que presentaba este diamante en bruto anque moitas veces diga que non cambiei nada. Que o meu é todo unha interpretación. ¡En fin! Mulleres...
Fecha: 24/09/2004 19:35.

Autor: peke
Convenza a súa compañeira de que está equivocada; seguro que agradece que a sorprenda. ;)
Fóra bromas, é difícil soltar o lastre do aprendido por ósmose, e se coidase que vostede é machista de verdade non o visitaría acotío, porque pouco me podería ofrecer unha persoa que eliminase dun soplo a máis da metade do xénero humano.
Pero convirá comigo, Paco Penas, que lle gusta ir de provocador; e eu -que son unha pánfila visceral- déixome levar. ;)
Biquiños.
Fecha: 25/09/2004 01:51.
Autor: dorvisou
Unha muller que me fai ir ó dicionario cada vez que di algo antóxaseme do máis interesante.
En canto ao de machista mellor será deixalo de momento, mentras non se demostre o contrario, en machiño. ¿que lle parece?
Fecha: 25/09/2004 03:05.

Autor: peke
O de machiño non me desgusta. Mesmo emprego (empregaba) "machiña" bastante a miúdo.
Fecha: 26/09/2004 01:47.
Autor: Anónimo
Bon chiste!
¿Sabes que paso os verás muy cerca de Ribeira?
Un abrazo.Muralla
Ah, bonita foto e insinuantes queixos...
Fecha: 27/09/2004 08:56.