a TRiBo SaBe De oFiCioS

zokos_1.jpg
María Elena Ferreiro é unha fermosa moza da parroquia cruceña de Merza. Filla e neta de zoqueiros de quen herdou a esporta carregada de ferramentas para darlle xeito o pao de cerdeira, abidueira ou ameneiro e seguir a facer zoquiños no século XXI. Hoxe, a diferencia do seu pai e avó que ían de feira en feira vendendo zocos para que a xente tronzase sebes e corredoiras, adícase o mundo da artesania. Feiras de mostras en Galicia, país Vasco, Catalunya, Castela, Andalucia e até levou o seu oficio a Londres e Suiza.
Se queredes vela cravear ou sacar pao, non tedes máis que achegaros o lugar de Reboredo-Merza. A sua destreza coa gubia, coa llerda, co revoquín ou mesmo coa mangueira de facer a xabreira fará que viaxedes através do tempo para saber de onde vimos, quen somos, e quen sabe se tamén a onde imos.
O meu amigo Xosé Vazquéz Pintor recréase, neste outro libro, nesa Fisterra que ainda mantén firme e teso o orgullo de ser fillos e netos de oficiantes da vida (por certo,a rapaza da portada é María Elena). Un libro, que xunto con os vellos oficios e o recén publicado tal era vivir, axudan a manter viva a memoria da nosa xenuina estirpe de artesans.
31/10/2004 02:02

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: muralla

Apuntome a dirección de Maria Elena, pre ver si no verán podo ir a vela, porque xa che comentei que de novo o meu pai foi zoqueiro, e gustarame moito vela traballar.
Unha aperta. Muralla

Fecha: 02/11/2004 20:02.


gravatar.com
Autor: peke

Sempre me chamaron moito a atención os zoqueiros e os oleiros. En xeral gústanme moito os oficios que se van perdendo sen remedio.

Fecha: 03/11/2004 20:22.


Añadir un comentario




No será mostrado.








DoRViSou



habitamos

Archivos

Enlaces

aNDaNDo PoLa CaSa

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]