oRa PoR NoBiS

momentos_4.JPG
No povo do Médano, preto da cova do Hermano pedro e nos lindes do futuro e polémico porto de Granadilla os galegos xa podemos presumir de ter santiño. Un agasallo da Xunta de Galicia, unha copia desas feitas en serie, esperemos que numerada, do Santiago Apostol para velar polos interes dos catorce mil galegos que andamos espallados,non podía ser doutro xeito, polo sur de Tenerife.
Eu, dende que vin un negro vendendo San Pancracios na carballeira do Santuario do Corpiño perdin algo de fe nos santos. mais este gústame, ten estilo, é calado e sabe estar...agora só esperamos unha milagre e que os galegos do sur de Tenerife podamos facer compatibles o cemento maila cultura porque é triste, a pesares da boa vontade de algunha xente, que un centro galego se convirta nunha simplona taberna.
06/12/2004 01:55 #enlace. Tema: Contrastes.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: peke

Se esperas milagres dese matamouros, vas apañado. Vaia, dígoo por aquilo de que os milagres xa non se estilan. ;)

Fecha: 07/12/2004 20:50.


gravatar.com
Autor: muralla

Hoy si que che podo deixar o comentario.
Gustoume toda a historia e impresioume o que van facer co porto.
unha aperta.Muralla

Fecha: 08/12/2004 20:38.



Autor: dorvisou

Peke, será que é vostede mulher de pouca fe. Teríamos que preguntarlle a quen lle tocaron onte tres millóns de euros na bonoloto, aquí no meu povo dos Cristianos.

Fecha: 08/12/2004 20:43.



Autor: dorvisou

Si muralla, ás veces hai problemiñas cos comentarios.
O problema do porto ten unhas grandes repercusións políticas. Por un lado queren alixeirar o porto de St. Cruz para dar cabida a un tráfico maior de cruceiros e quitarse de encima o tráfico industrial de mercancias. Por outro lado están as grandes mentiras dos políticos que son capaces de facer calquer cousa para sair coa sua sen ter en conta o povo que os votou. A polémica está servida pero deseguro que, como tantas outras veces, todo será barullo e fume. O peixe grande sempre come o pequeno.
Apertas e bicos.

Fecha: 08/12/2004 20:57.


Añadir un comentario




No será mostrado.






DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros